Os hawaianos (en , kānaka maoli ou hawaiʻi maoli) son un pobo indíxena polinesio nativo das illas de Hawai. As orixes dos hawaianos remóntanse ós primeiros poboadores polinesios que se asentaron en Hawai.

Poboación Na época da chegada de James Cook en 1778, a súa poboación estimouse entre as 250 000 e as 800 000 persoas. No primeiro século despois do contacto, os nativos hawaianos case desapareceron por mor das doenzas introducidas nas illas, xa que non tiñan defensas contra a gripe, a varíola, o xarampón ou a tose ferina. O censo de 1900 dos Estados Unidos identificou 37 656 residentes como total ou parcialmente nativos hawaianos. O censo de 2000 identificou 283 430 residentes nativos hawaianos, amosando unha gran tendencia de crecemento dende a anexión como estado en 1898.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Maenette K. Nee-Benham and Ronald H. Heck, Culture and Educational Policy in Hawaiʻi: The Silencing of Native Voices, Lawrence Erlbaum Associates, Inc., 1998 Scott Cunningham, Hawaiian Magic and Spirituality, Llewellyn Worldwide, Ltd., 2000 Rona Tamiko Tamiko Halualani, In the Name of Hawaiians: Native Identities and Cultural Politics, University of Minnesota Press, 2002 Marshall D. Sahlins, How Natives Think: About Captain Cook, for Example, University of Chicago Press, 1995

Categoría:Pobo hawaiano Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América