Tsuneko Okazaki, nada o 7 de xuño de 1933, é unha científica xaponesa, bióloga molecular, coñecida por descubrir e investigar en 1968, xunto co seu home Reiji Okazaki (1930-1975), uns fragmentos característicos de ADN que recibiron o nome de fragmentos de Okazaki en memoria dos descubridores.
Trátase de cadeas curtas de nucleótidos que se forman durante a duplicación do ADN na chamada "duplicación descontinua".
Biografía Graduouse na Universidade de Nagoia (Xapón en 1956 e foi a primeira muller profesora nesta universidade, para pasar despois a exercer de profesora no Instituto Médico da Universidade Fujita.
No ano 2000 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia, premio que se concede anualmente a cinco científicas distinguidas, unha por cada continente.
En 2015, a Universidade de Nagoia creou o Premio Tsuneko e Reiji Okazaki en honor ó legado do matrimonio.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en mujeresdeciencias.com (consultado o 11.02.2017) Biografía en mujeresquehacenhistoria (consultado o 11.02.2017) Biografía
Categoría:Biólogos do Xapón Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Nagoia Categoría:Alumnos da Universidade de Nagoya