Eduarda Feijoo de Mendoza, nada na provincia de Ourense cara a 1849 e finada en Madrid o 8 de maio de 1908, foi unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria Escritora do romanticismo, colaborou coa prensa madrileña na década de 1860 e publicou novela histórica. En 1881 recibiu unha axuda da Deputación provincial de Ourense de 500 pesetas para escribir o estudo histórico Los reyes suevos de Galicia. Nos derradeiros anos, quedou xorda e morreu atropelada por un coche na Glorieta de Bilbao, facendo esquina coa calle de Luchana, en Madrid.
Obras
Redención por amor ó el corsario negro, 1864. Doña Isabel de Castilla. Doña Blanca de Lanuza, 1866-1867, dous tomos.Foi traducido ao portugués en 1894 baixo o título D. Branca de Lanuza e publicado pola Tipografia do Jornal de Recife, de Pernambuco (Brasil). La educación maternal.«Para uso nas escolas», segundo infórmase no segundo limiar de El Puente Mayor de Valladolid (páxina 7), datado no 5 de xaneiro de 1872. La víctima de su vanidad.É unha novela costumista, citada no segundo limiar de El Puente Mayor de Valladolid (páxina 7). El Puente Mayor de Valladolid, 1872.Dedicado ao «Excmo. Ayuntamiento de Valladolid», explicaba, nunha nota no primeiro limiar da obra datada o 21 de setembro de 1871, que o escribiu no «curto espazo de quince días». Las once mil vírgenes. El antifaz de terciopelo, 1872-1873.Foi publicada en folletín en El Correo de la Moda. La conquista de Madrid, 1873.Editado por Murcia y Martí Editores en dous volumes que levaron os números 68 e 69 da "Biblioteca Madrileña", co título La conquista de Madrid. Novela histórica original. Foi impreso na Imprenta de la Galería Literaria, de Madrid, cunhas medidas de 165 x 110 mm. Trata da Guerra da Independencia española. El Avia y el Miño, 1890.Novela curta (126 páxinas), subtitulada Episodio de la Guerra de la Independencia, editada en Lugo e impresa na Tipografía de G. Castro (na rúa Palacio, 10), é a única obra ambientada en Galicia e con personaxes galegos. miniatura|page=5|200px|Doña Blanca de Lanuza, t. 1º, 2ª ed. 1866.miniatura|page=5|201px|Doña Blanca de Lanuza, t. 2º, 2ª ed. 1867.miniatura|page=5|211px|El Puente Mayor de Valladolid, 1872.miniatura|235px|El Avia y el Miño, 1890.
Vida persoal Casou con Anselmo González Serrano (1838—Madrid, 20/03/1899).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
G.F.S.E. "Feijoo de Mendoza, Eduarda (1840-?)" Enciclopedia Universal Micronet (DVD) .
(outro exemplar).
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados na provincia de Ourense Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1908 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Novelistas de Galicia