Mary Edwards, nada arredor de 1750 e finada en setembro de 1815, foi unha calculadora humana que traballou para o British Nautical Almanac e foi unha das poucas mulleres pagadas directamente polo Board of Longitude, o que lle permitiu gañar a vida como científica.

Traxectoria Edwards unha das 35 calculadoras humanas que calcularon a posición do sol, da lúa e dos planetas en horas diferentes do día para os almanaques náuticos anuais empregados na navegación marítima.

Edwards entrou no proxecto do almanaque grazas ao seu marido. John Edwards (c 1748–1784) traballara en tempo parcial como calculador para complementar os ingresos familiares e recibiu pago polo seu traballo de seis meses por cada un dos almanques de 1773 ata a súa morte en 1784. Sábese que Mary Edwards fixera moitos dos cálculos cando escribiu ao astrónomo real Nevil Maskelyne para preguntar se podería continuar ela co traballo para apoiala a ela e as súas fillas após a morte do seu marido.

Co tempo, a súa reputación, coñecida pola fiabilidade e precisión significou que podía ter máis traballo. Continuou até a súa morte en 1815. A súa filla, Eliza (1779-1846), tamén traballou como calculadora, inicialmente axudando dende unha idade nova e independentemente após a morte da súa nai en 1815. Continuou a traballar para o Nautic Almanac até 1832, cando os traballos de cálculo foron centralizados en Londres.

O planeta menor 12627 Maryedwards foi nomeado na súa honra.Lutz D. Schmadel, Dictionary of Minor Planet Names: Sixth Revised and Enlarged Edition (Heidelberg [etc.]: Springer, 2012), p. 823.

Notas

Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Finados en 1815