Lords of Sounds and Lesser Things é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Veruca Salt, publicado o 30 de novembro de 2004 a través do su propio selo Velveteen Records.

O EP está composto por cinco novas cancións e unha gravación de Richard Patrick de Filter berrando repetidamente "I got my pants on!" (púxenme os pantalóns). Dous dos temas, "Save You" e "The Sun", foron regravados para o cuarto álbum da banda, IV. O EP estivo dispoñible orixinalmente só nos concertos do grupo ou a través da súa páxina web, porén, hoxe en día pode atoparse na meirande parte das grandes distribuidoras online.

Listaxe de cancións "Save You" (Louise Post, Stephen Fitzpatrick) – 4:27 "Blood on My Hands" (Post, Fitzpatrick) – 3:30 "The Sun" (Post, Fitzpatrick) – 4:04 "I Got My Pants On" – 0:24 Samples: Richard Patrick de Filter "Firefly" (Post) – 3:28 "For Days" (Post) – 4:08

Categoría:EPs musicais de 2004 Categoría:EPs de Veruca Salt