Emilia Hilaria (en latín, Aemilia Hilaria), nada arredor de 300 e finada arredor de 363, foi unha médica galorromana. Practicou a medicina e escribiu libros sobre xinecoloxía e obstetricia. Era chamada "Hilaria" debido á súa alegría infantil.

Traxectoria Emilia naceu no Imperio Romano nunha área preto do que é agora Mosela, Francia. Creceu na zona e converteuse en médica alí. Emilia era a tía materna de Ausonio, un galorromano que se converteu en titor do emperador Graciano o Mozo. Ausonio escribiu unha serie de poemas biográficos sobre os membros da súa familia, incluíndo Emilia, chamado Parentalia. No seu poema sobre a súa tía describiuna como unha "virxe dedicada", que rexeitou o matrimonio para continuar a súa carreira. Describiuna como «adestrada nas artes médicas tan ben como calquera home», así como unha médica honesta e hábil, que tamén axudou o seu irmán cos seus propios estudos de medicina.

Na cultura popular Emilia é unha das mulleres destacadas incluída na peza de instalación The Dinner Party de Judy Chicago, sendo representada como un dos 999 nomes no Heritage Floor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Francia Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xinecólogos Categoría:Finados en 363 Categoría:Gens Emilia