Jonkheer (Barón) Karel Pieter Antoni Jan Hubertus (Carel) Godin de Beaufort nado en Maarsbergen o 10 de abril de 1934 e finado en Colonia, Alemaña o 2 de agosto de 1964 foi un piloto de carreiras e nobre holandés dos Países Baixos. Competiu na Fórmula Un entre e .
Carreira Godin de Beaufort participou en 31 Grandes Premios do Campionato do Mundo, converténdose no primeiro holandés en puntuar no Campionato do Mundo de Fórmula Un e en numerosas carreiras de Fórmula Un fora do Campionato. Foi un dos últimos pilotos verdaderamente afeccionados na F1, e pilotou os seus propios coches, pintados co vibrante cor de carreiras holandés: laranxa, baixo o escudo "Ecurie Maarsbergen", o equipo tomou o seu nome da casa de campo de Beaufort. Nos primeiros anos considerárono unha especie de chicana móbil, e un perigo para os outros pilotos da pista. Con todo, en anos posteriores converteuse nun rival competente e popular.
Sempre un devoto de Porsche (soamente pilotou dúas carreiras do campionato do mundo con outros coches) era unha visión familiar no campionato e nas carreiras fóra de Campionato no seu Porsche 718 laranxa, comprado ao equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o 718 xa estaba obsoleto no seu primeiro ano con el, persistiu con el pois era o único deseño no cal cabía o seu rexo corpo. O tamaño do coche, e un trazo de humor autocrítico do propio Beaufort, valeulle o alcumo de "Porsche Gordiño". Coa estereotipada excentricidade aristocrática a miúdo pilotaba sen zapatos, E na súa última carreira en Alemaña ata foi visto correndo as voltas da práctica levando unha peluca dos Beatles, en lugar do seu casco.
Morte Godin de Beaufort pilotaba o Porsche 718 na práctica para o Gran Premio de Alemaña de 1964 en Nürburgring cando o coche saíuse de súpeto da pista na infame curva de Bergwerk. Saíu despedido do coche e sufriu múltiples feridas na cabeza, o peito e as pernas. Inicialmente Beaufort foi levado a un hospital en Koblenz, pero ao día seguinte foi trasladado a un importante centro neurolóxico en Colonia onde morreu pola noite.
miniatura|250px|right| Porsche 718 de Carel Godin de Beaufort
Rexistro de carreiras
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1956 Wolfgang Seidel Mathieu Hezemans Porsche 550A/4 RS S 1.6 48 Ret Ret 1957 E. Hugus Ed Hugus Porsche 550A RS S 1.5 286 8th 1º 1958 Baron Carel Godin de Beaufort Herbert Linge Porsche 550 RS S 1.5 288 5th 2º 1959 Baron Carel Godin de Beaufort Christian Heins Porsche 718 RSK S 1.5 186 Ret Ret 1960 Baron Carel Godin de Beaufort Richard Stoop Porsche 718 RS 60 S 1.6 180 Ret Ret 1962 Porsche System Engineering Ben Pon Porsche 356B Abarth GT 1.6 35 Ret Ret 1963 Porsche System Engineering Gerhard Koch Porsche 356B 2000GS GT GT 2.0 94 Ret Ret
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts Ecurie Maarsbergen Porsche RS550 Porsche 547/3 1.5 F4 ARX MON 500 FRA GBR ALE14‡ PES ITA NC 0 Ecurie Maarsbergen Porsche no automobilismo RSK Porsche 547/3 1.5 F4 ARX MON NED11 500 BEL FRA GBR NC 0 Porsche RS550 ALERet ‡ POR ITA MAR Ecurie Maarsbergen Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 MON 500 NED10 NC 0 Scuderia Ugolini Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 FRA9 GBR ALE POR ITA USA Ecurie Maarsbergen Cooper T51 Climax FPF 1.5 L4 ARX MON 500 NED8 BEL FRA GBR POR ITA USA NC 0 Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/3 1.5 F4 MON NED14 BEL11 FRARet GBR16 ALE14 ITA7 USA NC 0 Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/6 1.5 F4 NED6 MONNSC BEL7 FRA6 GBR14 ALE13 ITA10 USARet RSA11 16º 2 Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/6 1.5 F4 MON BEL6 NED9 FRA GBR10 ALERet ITANSC USA6 MEX10 RSA10 14º 2 Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/6 1.5 F4 MON NEDRet BEL FRA GBR ALENTS AUT ITA USA MEX NC 0
‡ participou cun Fórmula 2.
Resultados completos na Fórmula 1 fóra de campionato (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/3 1.5 F4 LOM GLV PAU BRX VIE AIN SYR NAP LON SIL SOLRet KAN DANRet MODNSC FLG6 OUL LEW VAL RAN NAT RSA Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/6 1.5 F4 CAP BRX LOM LAV GLV PAU AIN INT NAP MAL9 CLPRMS7 SOL5KAN6 MED DAN7 OUL7 MEX7 RAN NAT Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/6 1.5 F4 LOM GLV PAU4 IMO6 SYR2 AIN INT9 ROM2 SOL7 KAN7 MEDNTS AUT3 OUL10 RAN Ecurie Maarsbergen Porsche 718 Porsche 547/6 1.5 F4 DMT NWT SYRRet AIN INT13 SOL8 MED RAN
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Países Baixos Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Maarsbergen Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición