O Defensor do Pobo Europeo (en inglés: European Ombudsman) é un defensor do pobo que está habilitado para recibir dos cidadáns da Unión Europea, ou das persoas físicas e xurídicas, toda queixa relativa ao mal funcionamento das institucións ou organismos comunitarios, coa excepción do Tribunal de Xustiza ou do Tribunal de Primeira Instancia.
Historia Esta figura regulamentouse coa firma do Tratado de Maastricht en 1992 por parte de todos os Estados membros da Unión Europea, que estableceu que a súa sede estivera radicada na cidade francesa de Estrasburgo.
O defensor é nomeado polo Parlamento Europeo despois de cada elección europea, e ten un mandato renovable de cinco anos correspondentes á duración de cada lexislatura.
Lista de Defensores do Pobo Europeo MandatoDefensor ou defensora do PoboEstado1995–2003Jacob Söderman2003–2013Nikiforos Diamandouros2013–actualidadeEmily O'Reilly
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Defensor do Pobo Europeo
Categoría:Unión Europea Categoría:Valedorías