miniatura|300px|dereita|Os castores manteñen un nicho ecolóxico moi específico no ecosistema ao construíren presas nos sistemas fluviais. A construción de nicho é o proceso mediante o cal un organismo altera o seu propio ambiente (ou o doutras especies), xeralmente (pero non sempre) de maneira que incrementa as súas posibilidades de sobrevivir. Os cambios que o organismo produce no seu ambiente que non teñen consecuencias evolutivas ou ecolóxicas non son exemplos de construción de nicho. Varios biólogos argumentaron que a construción de nicho é tan importante en evolución coma a selección natural (é dicir, non só o ambiente causa cambios nas especies por medio da selección, senón que tamén as especies causan cambios no seu ambiente por medio da construción de nicho). Esta interacción crea unhas relacións de retroalimentación entre a selección natural e a construción de nicho: cando os organismos afectan ao seu ambiente, ese cambio pode causar unha mudanza na elección de que trazos serán seleccionados de forma natural. O efecto da construción de nicho é especialmente pronunciado en situacións nas que as alteracións do ambiente persisten durante varias xeracións, introducindo o papel evolutivo da herdanza ecolóxica. Tamén son posibles nun organismo comportamentos de construción de nicho menos drásticos. Esta teoría, en conxunción coa selección natural, mostra que os organismos herdan dous legados dos seus antepasados: os xenes e un ambiente modificado. Xuntos, estes dous mecanismos evolutivos determinan unha fitness da poboación e as adaptacións que desenvolven eses organismos para continuar sobrevivindo.

O concepto de construción de nicho empezou a desenvolverse en bioloxía evolutiva desde a década de 1980. Bota as súas raíces, directa ou indirectamente, en dominios interesados nas interaccións organismo-ambiente tan diversas como a hipótese Gaia, a psicoloxía do desenvolvemento, e a evolución cultural.Richerson, J. & Boyd, R. (2005): Not by Genes alone. How Culture Transformed Human Evolution. University of Chicago Press.

Exemplos

miniatura|esquerda|200px|As formigas cortadoras de follas enchen un nicho vital no ecosistema do bosque húmido.

Miñocas: Por medio dun proceso de modificación e escavación, as miñocas de terra airean e alteran quimicamente o solo no que viven. Este cambio na química do solo estimula un incremento da fitness das poboacións de miñocas. A nova composición química do solo producida pola actividade das miñocas tamén beneficia o crecemento de moitas especies de plantas e outra biota presente no solo.Odling-Smee, John F. (2009). "Niche Construction in Evolution, Ecosystems and Developmental Biology". Mapping the Future of Biology, 69-91. ISBN 978-1-4020-9635-8. Formigas limón (Myrmelachista schumanni): Esta especie de formigas emprega un método especializado de supresión de vexetación que regula o crecemento de certas árbores. Estas formigas constrúen o seu fogar no corpo da árbore Duroia hirsuta da Amazonia peruana. Para aseguraren a prevalencia das árbores Duroia, as formigas empregan cantidades producidas por elas mesmas de ácido fórmico (un composto común nas formigas) como un persistente herbicida. O resultado final altera a composición do seu hábitat no bosque drasticamente ao eliminar as especies arbóreas que non serían axeitadas para que as habitase a colonia. Estas áreas coa ecoloxía alterada por causa destas formigas foron denominadas xardíns do demo.Reece, Urry, Cain, Wasserman, Minorsky & Jackson (2011). Campbell Biology. ISBN 978-0-321-55823-7. Castores: Ao construíren as súas presas nos ríos os castores dan forma e alteran drasticamente o ecosistema no cal viven. A deforestación, os efectos na estrutura do solo, estrutura das raíces, turbidez da auga, distribución da auga e a cantidade de auga que chega río abaixo son só algúns dos exemplos que definen a construción de nicho dos castores. Os castores son un claro exemplo dos efectos tan diversos perpetuados pola construción dun nicho. Diatomeas da Baía de Fundy, Canadá: Son outro exemplo de enxeñeiros de ecosistemas. As diatomeas bentónicas que viven en sedimentos de estuario segregan exsudados de carbohidratos que unen os grans de area e estabilizan o ambiente. As diatomeas causan un cambio físico nas propiedades da area que permite que outros organismos colonicen a zona. O concepto de enxeñaría de ecosistemas trouxo novas implicacións conceptuais na disciplina da bioloxía da conservación. Piñeiros e mato: En certas zonas de Norteamérica os matos arbustivos (chamados alí chaparral) e os piñeiros presentan un comportamento de construción de nicho en resposta aos efectos dos lumes forestais. Estas árbores e arbustos incrementan a frecuencia dos lumes ao afectar á composición do chan do bosque. Fano ao dispersar as follas dos piñeiros, piñas, sementes e aceites, que cobren literalmente todo o bosque. A flora está adaptada a estas condicións xa que foi seleccionada para a resistencia ao lume. O intercambio evolutivo (feito pola construción de nicho e a selección natural) permite que os piñeiros e o chaparral resistente ao lume aproveiten os cambios químicos que ocorren no solo despois de que a materia orgánica arde. miniatura|Guppys silvestres machos e femias (Poecilia reticulata). Humanos: Ver a sección sobre a cultura humana de máis adiante. Guppys: Os guppys son pequenos peixes. Estudouse a súa densidade de poboación nos ríos das montaña de Trinidad e Tobago, onde existían dous tipos de poboacións: unhas sometidas a unha forte depredación por peixes piscívoros e outras sen esa presión. Os guppys das poboacións expostas á depredación son máis pequenos e poñen menos ovos, e nas poboacións sen depredadores acadan maiores densidades de individuos. Os guppys sometidos a depredación forte producen excrementos con moito nitróxeno e fósforo, o que xera o crecemento dunha maior biomasa de algas. Isto afecta á dispoñibilidade dos recursos alimentarios, á competición intraespecífica e ás xeracións seguintes de guppys. Unha diminución das algas podería causar unha perda de carotenoides, os cales son esenciais para os machos. Odling-Smee, John F., Laland, Kevin N., Feldman, Marcus W., Palkovacs, Eric P., Erwin, Douglas H. (2013) Niche construction theory: A practical guide for ecologists.Quarterly Review of Biology 88(1): 4–28

Clasificación A construción de nicho pode facerse por medio de recursos físicos e fluxos de enerxía ou por medio do material xenético e os coñecementos, innatos e adquiridos. Estas perturbacións poden ser de natureza abiótica, biótica ou por "artefactos" (construcións realizadas polos animais). Contrariamente ao fenotipo estendidoDawkins, R. (2004) Extended pehnotype- But not too extended. A reply to Laland, Turner and Jablonka. Biology and Phylosophy 19(1) 377-369., que pon o acento na adaptación, os artefactos poden proceder de "produtos derivados" dos organismos. Ademais, estes artefactos están a miúdo presentes ou son utilizados durante longo tempo ou toda a vida do individuo e non son construídos en cada xeración..

Recursos físicos miniatura|Cunchas de bivalvos, unha clase de moluscos. "Acephala", de Ernst Haeckel, en Kunstformen der Natur (1904).

Esta categoría agrupa os recursos físicos e as diversas formas de enerxía e compón os recursos ecolóxicos. Mesmo se os recursos abióticos foron modificados varias veces por varias xeracións de organismos, e a dirección das transformacións tomadas prestadas non se produciría nun planeta que estivese deshabitado, estes cambios están lonxe do equilibrio termodinámico inicial..

A acumulación de cunchas e de restos esqueléticos nos fondos mariños permite unha mellor fixación das larvas, o crecemento dos adultos, e a estabilización do substrato para as especies que prefiren ese tipo de fondo. Comparando a densidade de acumulación de restos calcarios entre diferentes períodos xeolóxicos, obsérvase un aumento importante da densidade, especialmente entre as épocas asociadas á transición do dominio dos braquiópodos sobre os moluscos. O mantemento do dominio dos moluscos nas comunidades bentónicas modifica á vez o substrato mariño e a composición das comunidades bentónicas, o que persiste durante longo tempo.

Os organismos que constrúen nichos teñen a capacidade de modificar os nichos xa existentes e de responder ao ambiente. Trátase entón de interaccións ecolóxicas como a predación, a competición etc. e actividades de reprodución.

A nivel de poboacións: Unha modificación da demografía das poboacións de especies diferentes: Nos peixes guppys a igualdade de biomasa, as poboacións de guppys sometidas a unha forte predación producen unha circulación máis rápida de nutrientes na cadea trófica, aumentando considerablemente o número de algas presentes no seu ambiente. Unha modificación na estrutura/caracteres desta poboación : As poboacións de guppys que teñen depredadores piscívoros teñen na madureza sexual un tamaño menor e menores postas de ovos. Distribución dunha poboación no seu ambiente.

Recursos informativos

Esta categoría agrupa tanto o material xenético coma os coñecementos e destrezas dos organismos. Non hai perturbación desta procedencia sobre os factores abióticos. No caso dos sinais químicos, como a marcaxe, tratarase dun recurso informativo e, por tanto, un "case" artefacto.

Todos os organismos teñen un material xenético que transmiten de xeración en xeración. As bacterias do xénero Wolbachia producen nos hóspedes artrópodos aos que parasitan unha desviación na proporción de sexos (sex-ratio) aumentando o número de descendentes femias , xa que só as femias do artrópodo poden transmitir a bacteria.Gilbert, S. F. and Epel, D. 2009. Ecological Developmental Biology. Sinauer Associates, Sunderland, MA Nos animais, a aprendizaxe e certas interaccións sociais son outros recursos que poden ser utilizados para modificar o medio.

Aínda que non son un caso moi frecuente, os sinais son un bo exemplo. O paxaro (Chlamydera maculata) macho "cultiva" diferentes especies do xénero Solanum nos arredores do niño que el constrúe para a femia. Faino porque unha gran diversidade de cores de froitas é un atractivo importante para a femia e está asociado a un maior éxito reprodutivo. O xénero Solanum aparece así en lugares onde non se encontraba antes da actividade do paxaro. De feito, o paxaro non elixe sempre un sitio xa poboado por moitas destas plantas, senón que el mesmo adorna con estas plantas o seu sitio de nidificación se non as hai alí.<ref> Madden, J.R., Dingle, C., Isden, J., Sparfield, J. Goldizen, A.W., Endler, J.A. (2012) Male spotted bowerbirds propagate fruit for use un their sexual display. Current Biology 22(8): R264-R265.</ref>

Herdanza ecolóxica e xenética

Unha consecuencia importante da construción de nicho prodúcese cando as modificacións do ambiente se manteñen co paso das xeracións, polo que se trata de herdanza ecolóxica. Este concepto comprende a herdanza deixada pola/s xeración/s precedente/s que inclúe os cambios de características bióticas e abióticas do medio e no caso dunha persistencia importante, as presións de selección modificadas. É posible que a especie que modifica o ambiente afecte non só aos seus descendentes senón tamén a outras especies que comparten o mesmo ambiente. Unha variación da comunidade ecolóxica seguida dunha alteración por unha construción de nicho é igualmente considerada como un tipo de herdanza ecolóxica. Hai tres diferenzas importantes entre o funcionamento das herdanzas xenéticas e ecolóxicas. A herdanza ecolóxica non depende da transmisión de xenes, senón das transformacións transmitidas entre as xeracións pola actividade de construción de nicho.Odling-Smee, J. (2009) Niche construction in Evolution, Ecosystems and Developmental Biology, dans Mapping the Future of Biology, evolving Concepts and Theories. Ed. Barberousse, A., Morange, M., Pradeu, T. Sprigner. 77-99.