Jan Martyniak, nado en Spas (rexión de Lviv, Ucraína) o 20 de xuño de 1939, é un eclesiástico grecocatólico polaco, arcebispo de Przemyśl-Varsovia entre 1996 e 2015.
Traxectoria O 29 de xuño de 1964 foi ordenado sacerdote por Bolesław Kominek, logo de graduarse no Seminario Teolóxico de Varsovia.
En 1981 Józef Glemp creou dúas vigairías para a atención pastoral dos grecocatólicos en Polonia, xa que as autoridades non permitían que tiveran circunscricións diocesanas propias. O relixioso basiliano Yosafat Romanyk foi nomeado vigairo do norte, e Jan Martyniak foi nomeado vigairo do sur do país.
O 20 de xullo de 1989 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl, Sambor e Sanok, e bispo titular de Vardimissa. Recibiu a consagración episcopal o 16 de setembro do mesmo ano, de mans do arcebispo maior de Lviv Myroslav Ivan Liubachivskyi.
O 16 de xaneiro de 1991 foi nomeado bispo de Przemyśl, dándose unha situación estremadamente rara ao ser aínda titular da sé Ivan Khoma, quen no exilio fora consagrado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok por Yosyf Slipyi en 1977, e quen residía en Roma. A situación solucionouse coa renuncia de Khoma o 16 de xuño do mesmo ano.
O 24 de maio de 1996, coa elevación e reorganización da sé, foi nomeado arcebispo metropolita de Przemyśl-Varsovia. Retirouse do cargo o 7 de novembro de 2015.
Notas
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados no distrito de Staryi Sambir, rexión de Lviv Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína