An Education é un filme británico-estadounidense de 2009 dirixido por Lone Scherfig. O guión, escrito por Nick Hornby, baséase nun artigo autobiográfico que a xornalista británica Lynn Barber publicou na revista literaria Granta. A historia desenvólvese no Londres de comezos dos 60 e narra a relación amorosa entre Jenny (Carey Mulligan), unha estudante que planea ir á Universidade de Oxford, e David (Peter Sarsgaard), un home uns vinte anos maior ca ela.

O filme estreouse o 19 de xaneiro de 2009 no Festival de Cinema de Sundance.

Argumento Por mor dun ensaio dunha orquestra xuvenil, un encantador home maior, David Goldman, leva á súa casa a unha brillante e fermosa estudante, Jenny . Os dous establecen unha relación que inclúe tamén o socio de David, Danny, e a súa amante, Helen. David encántalle aos pais de Jenny, o que lle permite levala aos concertos, clubs de jazz e, mesmo, a París.

Jenny decátase de que David e Danny rouban cousas de casas en venda. Tamén descobre que David gaña diñeiro por trasladar familias negras a pisos preto de mulleres maiores que teñen medo deles, para así poder comprar os pisos que elas deixan baratos. Ante a descuberta disto, Jenny arrepíase e ameaza con terminar a relación, pero ao final atopa a súa nova vida tan apaixonante que mira máis aló deste lado máis escuro.

Despois de ver bailar a Jenny con Danny e preocupado ao ver que Jenny pode interesarlle a outro home, David proponlle matrimonio de camiño a Jenny. O seu pai está de acordo co compromiso e Jenny abandona a escola sen rematar o bacharelato; a Helen parece gustarlle pero a Danny non moito, e David promete mantelo afastado para evitar que Danny lle quite a Jenny. Buscando cigarros no caixón do coche de David, Jenny atopa unha chea de cartas dirixidas ao "Sr. e a Sra. David Goldman". Como David non dá a cara, tócalle a Jenny contarlles aos seus pais que xa está casado. A directora négase a permitir que repita o último ano da escola, polo que Jenny vai á casa da súa mestra favorita, que a axuda a pasar o bacharelato. Finalmente é aceptada para estudar Literatura Inglesa en Oxford, que era o que desexaba antes de coñecer a David.

A escena final amósaa montada en bicicleta polas rúas de Oxford con outro estudante, quizais o seu novo noivo. Jenny narra de fondo: "Así que fun a ler libros ingleses, e fixen o posible para evitar o destino de lentes e grans que Helen auguraba. Probablemente me vise tan nova, inxenua e fascinada como calquera outro estudante... Pero non o era. Un dos mozos cos que saín, e realmente eran mozos, convidoume unha vez a ir con el a París. E eu díxenlle que me encantaría. Morría por ver París. Coma se nunca estivese!".

Personaxes Carey Mulligan como Jenny Mellor. Peter Sarsgaard como David Goldman. Dominic Cooper como Danny, amigo e socio de David. Rosamund Pike como Helen, a noiva de Danny. Emma Thompson como Miss Walters, a directora da escola. Olivia Williams como Miss Stubbs, profesora. Alfred Molina como Jack Mellor, pai de Jenny. Cara Seymour como Marjorie Mellor, nai de Jenny. Sally Hawkins como Sarah Goldman, esposa de David. Matthew Beard como Graham, compañeiro de Jenny na banda de música. Amanda Fairbank Hynes como Hattie, unha das amigas da escola de Jenny. Ellie Kendrick como Tina, outra das amigas da escola de Jenny. Beth Rowley como unha cantante de cabaré.

Premios

Premios Óscar Ano Categoría Persoa Resultado2010Mellor Película Candidata2010Mellor ActrizCarey MulliganCandidata2010Mellor Guión AdaptadoNick HornbyCandidato

Premios BAFTA Ano Categoría Persoa Resultado2009Mellor Película Candidata2009Mellor Película Británica Candidata2009Mellor DirectorLone ScherfigCandidata2009Mellor ActrizCarey MulliganGañadora2009Mellor Actor SecundarioAlfred MolinaCandidato2009Mellor Guión AdaptadoNick HornbyCandidato2009Mellor Deseño de VestiarioOdile Dicks-MireauxCandidata2009Mellor Maquillaxe e PeiteadoLizzie Yianni GeorgiouCandidata

Globos de Ouro Ano Categoría Película Resultado2009Mellor Actriz - Drama Carey Mulligan Candidata

Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Película Resultado2009Mellor Cadro de ActoresCandidato2009Mellor ActrizCarey MulliganCandidato

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Avance de An Education

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lone Scherfig Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes ambientados en 1961