Antonio Fernández Salcedo, nado en Lambayeque (Perú) o 1 de febreiro de 1880 e finado en Ribeira o 3 de agosto de 1968,Genealogía Sarasquete foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes galegos no Perú que retornaron e instaláronse en Ribeira. Foi comerciante en Ribeira. Nos anos vinte era presidente da sociedade La Necesaria.El Orzán, 17-3-1920, p. 1. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde Pública, e permaneceu uns meses no cargo ata o nomeamento de José Pérez Martínez como alcalde.

Vida persoal Fillo de Antonio Fernández Fernández, natural da localidade pontevedresa das Vides e de Cristina Salcedo Rodríguez, natural do Perú. Casou en 1904 en Ribeira con Manuela Sarasquete Otero, e tiveron catro fillos que llegaron a idade adulta: Antonio, Lucrecio, Ramón (xogador do Deportivo da Coruña) e María Dolores Fernández Sarasquete.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no departamento de Lambayeque Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes