Izaak Mikołaj IsakowiczOs armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco. (en ; en ), nado o 6 de xuño de 1824 en Lysets (Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína) e finado o 29 de abril de 1901 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv dende 1882 até o seu pasamento.

Traxectoria Primeiros anos Naceu o 6 de xuño de 1824 en Lysets, nunha familia da nobreza armenia. Era fillo de Samuel e Rypsymy, de apelido de solteira Słowacki, emparentada co poeta Juliusz Słowacki. Logo de rematar os seus estudos en Stanisławów en 1844, entrou no seminario en Lviv. Sacerdocio Foi ordenado sacerdote o 6 de agosto de 1848 polo arcebispo Samuel Cyryl Stefanowicz, e posteriormente exerceu diversos encargos: foi vigairo en Tysmenytsia en 1848, vigairo en Stanisławów a partir de 1849, capelán en Suceava (Bucovina) a partir de 1861, preboste e custodio do santuario mariano de Stanisławów a partir de 1865, cóengo honorario do capítulo armenio de Lviv a partir de 1871, deán de Stanisławów a partir de 1877, e administrador de Tysmenytsia a partir de 1881.

Renovou por dúas veces a igrexa de Stanisławów, a primeira entre os anos 1855 e 1858, a segunda logo dun incendio en 1868. Ocupouse da difusión do culto á imaxe da Nai de Deus da Graza, entón na igrexa armenia de Stanisławów, e obtivo en 1870 unha indulxencia especial do papa Pío IX para o santuario. Escritor de literatura cristiá, publicou entre 1856 e 1879 varios libros, principalmente no campo homilético; os títulos máis famosos como "Ojcze nasz" (O Noso Pai) teñen sido reimpresos en varias ocasións. Defendeu tamén a permanencia do rito armenio na obra publicada en Viena en 1861 "Odprawa autorowi".

Involucrouse tamén no eido social, e entre 1867 e 1882 foi concelleiro da cidade de Stanisławów. Tamén a partir de 1869 presidiu o orfanato para nenos de Stanisławów e a cooperativa de crédito municipal, e foi organizador dun internado feminino para estudiantes. Apoiou financeiramente a moitos estudantes, entre eles ao seu sobriño, o destacado pintor Teodor Axentowicz. Pontificado Logo do pasamento do arcebispo Grzegorz Józef Romaszkan foi elixido o 12 de xaneiro de 1882 como novo arcebispo polo clero diocesano. O 19 de marzo obtivo a aprobación do emperador Francisco Xosé I, e o 3 de xullo a confirmación da súa elección polo papa León XIII. Recibiu a consagración episcopal o 28 de agosto de 1882 de mans do bispo de Cracovia Albin Dunajewski, e tivo como co-consagrantes aos bispos auxiliares de Lviv dos Latinos, Seweryn Morawski, e de Lviv dos Ucraínos, Sylvestr Sembratovych. miniatura|Busto do arcebispo na catedral armenia de Lviv.

Estabeleceu unha parroquia en Suceava (Bucovina) en 1891, e en 1898 dedicou a capela á Virxe do Perpetuo Socorro en Lviv, no mosteiro das Irmás Bieitas Armenias. Aumentou o clero diocesano ao aceptar nel aos sacerdotes armenios de rito latino. Logo dunha petición de Isakowicz, a Congregación para a Propagación da Fe reformou o breviario armenio en 1892, e en 1896 aprobou os estatutos do capítulo da catedral armenia de Lviv.

miniatura|Tumba do arcebispo no cemiterio Lychakiv de Lviv. Finou o 29 de abril de 1901 en Lviv. Segundo a súa vontade, no canto de flores fixéronse doazóns á escola secundaria de Cieszyn. Foi enterrado no cemiterio Lychakiv, a carón da tumba do tamén arcebispo de Lviv Samuel Cyryl Stefanowicz.

Obra

Conmemoracións En 1905 foi inaugurado un busto do arcebispo na catedral armenia de Lviv, esculpido en mármore branco por Juliusz Wojciech Bełtowski. Até 1939, unha rúa e unha escola en Lviv levaban o seu nome. O 15 de maio de 2001 o cardeal Franciszek Macharski inaugurou unha placa conmemorativa polo centésimo aniversario da súa morte no mosteiro carmelita de Cracovia; neste mesmo mosteiro hai un retrato do arcebispo. A Galería de Arte de Lviv acolle outro retrato do arcebispo, obra de Teodor Axentowicz.

Co gallo do centésimo aniversario do seu pasamento, o patriarca de Cilicia Narsés Pedro XIX viaxou de Beirut a Lviv. O 4 de novembro de 2001 pregou na tumba do arcebispo, e no mesmo día celebrou unha misa na catedral greco-católica de San Xurxo e un funeral na catedral armenia. Tamén pregou na igrexa armenia de Ivano-Frankivsk, hoxe catedral da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína.

Notas

Categoría:Nados en 1824 Categoría:Nados na rexión de Ivano-Frankivsk Categoría:Finados en 1901 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos de Moldova Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Romanía Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Escritores de literatura cristiá