dereita|miniatura|Localización da Costa Esquecida en Florida. Forgotten Coast ("Costa Esquecida" en inglés) de Florida é unha marca rexistrada a principios da década de 1990 pola Cámara de Comercio da Baía de ApalachicolaAxencia de Patentes e Marcas dos Estados Unidos . A busca nesta páxina mostra que o nome foi "empregado por vez primeira comercialmente" en 1992.. O nome é máis empregado para referirse a unha sección da liña da costa, relativamente tranquila e sen desenvolver urbanisticamente, que se estende desde Mexico Beach (no golfo de México) a Saint Marks (na Baía de Apalache), no estado norteamericano de Florida.. As cidades máis próximas son Tallahassee, a uns 145 quilómetros ao nordés de Apalachicola, e Panama City, sede da Base da Forza Aérea Tyndall, que se atopa a uns 95 quilómetros ao noroeste. Xeografía Ademais dos límites xeográficos sinalados, esta rexión engloba ás comunidade costeiras de (relacionadas de oeste a leste): Port St. Joe Cape San Blas Apalachicola Eastpoint Carrabelle Lanark Village Alligator Point Panacea Shell Point
Estas comunidades localízanse nos seguintes condados, que por extensión adoitan ser incluídos en referencias á Costa Esquecida por algúns escritores: Condado de Gulf, Florida Condado de Franklin, Florida Condado de Wakulla, Florida
A área é coñecida pola comercialización das súas ostras e gambas, pola súa vida mariña e as súas praias de area branca fina. Ao longo da costa inclúense as seguintes penínsulas e illas de barrera: Condado de Gulf: Península de Saint Joseph Cabo San Blas Condado de Franklin: Illa de Saint Vincent Cabo da Illa de Saint George Illa de Saint George Illa Dog
As áreas naturais e históricas protexidas inclúen ás seguintes: Parque Estatal da Península de Saint Joseph Reserva Nacional e Centro de Investigación do Estuario de Apalachicola Refuxo Nacional de Vida Salvaxe de Saint Vincent Parque Estatal da Illa de Saint George Parque Forestal Estatal de Tate's Hell Parque Estatal de Bald Point Parque Forestal Estatal de Wakulla Parque Estatal do Manancial de Wakulla Edward Ball Parque Estatal Histórico de San Marcos de Apalache Refuxo Nacional de Vida Salvaxe de Saint Marks Vía Verde Estatal Histórica de Tallahassee-Saint Marks
Notas
Véxase tamén Outros artigos Florida Panhandle Emerald Coast Ligazóns externas Forgotten Coastline, páxina de Chuck Spicer.
Categoría:Rexións de Florida Categoría:Florida do Norte