Kim Kielsen, nado en Paamiut o 30 de novembro de 1966, é un político groenlandés, primeiro ministro de Groenlandia desde o 30 de setembro de 2014 até 2021, e presidente do partido Siumut até o 20 de novembro de 2020, logo de substituír a Aleqa Hammond en outubro de 2014.

Traxectoria Kim Kielsen traballou como mariñeiro pero tras estudar na academia de policía, exerceu como oficial de policía nas localidades de Upernavik e Paamiut de 1996 ata 2003. En 2003 solicitou unha excedencia para exercer como coordinador dun proxecto social para nenos e mozos con problemas.

Carreira política Na primavera de 2005 entrou no concello da súa localidade natal, presentouse tamén ás eleccións xerais de novembro de 2005 logrando un asento no Parlamento de Groenlandia. Entre 2007 e 2009 foi ministro de Vivenda, Infraestruturas e Recursos Naturais. En outubro de 2014 converteuse en primeiro ministro en funcións tras renunciar Aleqa Hammond, e pouco despois o Siumut elixiuno o seu presidente, con 44 votos sobre 65. O 4 de decembro de 2014 o seu partido, Atassut, e Demokraatit formaron unha nova coalición. O 10 de decembro de 2014 estaban representados os novos ministros

En resposta ao interese do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump en agosto de 2019, por comprar Groenlandia, Kielsen dixo que a proposta "non era algo para bromear" e que "Groenlandia non é dinamarquesa. Groenlandia é groenlandesa. Espero persistentemete que isto non sexa algo serio".Lee, Matthew And Olsen, Jan. (2020) "US to boost aid to Greenland in bid to counter Russia, China" Associated PressWise, Justin. (2019) "Greenland's leader rips Trump: Idea of buying territory 'not something to joke about'" The Hill

O 29 de novembro de 2020, Kielsen perdeu a reelección para a presidencia do Partido Siumut ante Erik Jensen.

Vida persoal Kim Kielsen está casado con Judithe Kielsen, e teñen dous fillos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en naalakkersuisut.gl

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Groenlandia Categoría:Policías Categoría:Políticos de Siumut Categoría:Políticos de Groenlandia Categoría:Primeiros ministros de Groenlandia Categoría:Ministros de Groenlandia Categoría:Ministros de Medio Ambiente de Groenlandia Categoría:Ministros de Vivenda de Groenlandia