Pleuronectes quadrituberculatus Pallas, 1814 é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Pleuronectes quadrituberculatus Pallas, 1814 no WoRMS. unha das tres que integran actualmente o xénero Pleuronectes,<ref>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=126120 Pleuronectes Linnaeus, 1758] no WoRMS.</ref> coñecida en galego como solla de Alasca.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 83.

É un peixe plano de até 87 cm de lonxitude, mariño, demersal, que habita en augas da plataforma continental en fondos areosos de até os 600 metros de profundidade, no norte do océano Pacífico, desde o golfo de Alasca polo leste, o mar de Chukchi polo norte, até o mar do Xapón polo oeste.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

A solla de Alasca é obxecto dunha importante pesca comercial.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1814 polo naturalista alemán Peter Simon Pallas, que o bautizou co nome aínda hoxe válido Pleuronectes quadrituberculatus.

Sinónimos Ademais de por este nome, a especie coñécese tamén polo sinónimo Pleuronectes pallasii Steindachner, 1879.

Etimoloxía O nome específico, quadrituberculatus, está formado polo elemento prefixo latino quadri-, derivado de quattŭor, "catro", e o adxactivo do latín científico tuberculatus, -a -um, derivado do latín clásico tubercŭlum, diminutivo de tuber, "tumor", "vulto".Literalmente: "de catro tubérculos".

Características A solla de Alasca pode alcanzar até 87 cm de lonxitude,Matta, M. E. (2012): Alaska plaice (Pleuronectes quadrituberculatus). Resource Ecology and Fisheries Management Division, Alaska Fisheries Science Center, NMFS, NOAA, 7600 Sand Point Way NE, Seattle WA 98115. e os 3,5 kg de peso, aínda que o tamaño medio dos espécimes apañados rolda os 36 cm.Fadéev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok, TINRO-Center.

A aleta dorsal orixínase á altura do ollo superior, e ten de 63 a 74 raios. A anal, máis curta, está sustentada por de 47 a 55 raios. Ambas as dúas, pola parte posterior, chegan até o pedúnculo caudal.Pleuronectes quadrituberculatus Pallas, 1814 na FishBase.

Presenta cinco prominencias no bordo postocular.Masuda, H., K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno & T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. Vol. 1. Tokai University Press, Tokyo, Japan.

Bioloxía Hábitat e distribución É un peixe mariño, demersal, que vive en augas da plataforma continental, en fondos areosos de até os 600 metros de profundidade, no norte do océano Pacífico, entre os 65° N e os 48° N, desde o golfo de Alasca polo leste, o mar de Chukchi polo norte, até o mar do Xapón polo oeste.

Alimentación A dieta das sollas de Alasca adultas está constituída por organismos bentónicos, sobre todo por crustáceos anfípodos e vermes poliquetos.Zhang, C. I. (1988): "Food habits and ecological interactions of Alaska plaice, Pleuronectes quadrituberculatus, with other flatfish species in the Eastern Bering Sea". Bull. Kor. Fish. Soc. 21 (2): 150-160.

Pesca Pleuronectes quadrituberculatus captúrase nas zonas de pesca 61 e 67 (Pacífico noroeste e nordeste, respectivamente).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos Pleuronectes Pleuronectes platessa Pleuronectes putnami''

Ligazóns externas Pleuronectes quadrituberculatus na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1814 Categoría:Produtos da pesca