Lacerta é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos, da que é o seu tipo.

Na actualidade o xénero comprende nove especies de lacértidos de tamaño mediano ou pequeno coñecidos vulgarmente en galego como lagartoslagarto, 1ª acep. no Dicionario da RAG. e lagartas.lagarta, 1ª acep. no Dicionario da RAG.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía Linneo tomou o nome científico Lacerta, do latín clásico lacerta, -ae, "lagarto".Lacerta no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.

Variacións taxonómicas Lacerta foi un xénero moi diverso que contiña unhas 40 especies, ata que foi dividido en 2007 en nove xéneros por Arnold, Arribas e Carranza.

Rexistro fósil Os primeiros membros coñecidos que poderían ser Lacerta son fósiles de principios do Mioceno, que son indistinguibles anatomicamente dos modernos lagartos verdes como Lacerta viridis.Čerňanský A. 2010. "Earliest world record of green lizards (Lacertilia, Lacertidae) from the Lower Miocene of Central Europe". Biologia 65 (4): 737-741.

Especies Moitas especies que formaron parte deste xénero foron situadadas en varios xéneros por Arnold, Arribas e Carranza en 2007.Arnold, E. Nicholas; Óscar Arribas & Salvdor Carranza (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera" . Zootaxa, 1430: 1-86. Auckland, New Zealand: Magnolia Press. ISBN 978-1-86977-097-6 (En papel), ISBN 978-1-86977-098-3 (Edición online).Lacerta. En The Reptile Database. miniatura|240px|Lacerta agilis é a especie tipo do xénero. Lacerta agilis Lacerta bilineata Lacerta media Lacerta mosoufi Lacerta pamphylica Lacerta schreiberi Lacerta strigata Lacerta trilineata Lacerta viridis +ImaxeNomeDistribuciónsenmarcoLacerta agilissenmarcosenmarcoLacerta bilineatasenmarcoLacerta citrovittataGreciaLacerta diplochondrodessenmarcoLacerta mediaXeorxia, Armenia, Acerbaixán, Irán, Turquía, Israel, Xordania, Siria, Líbano e RusiasenmarcoLacerta pamphylicaTurquíasenmarcoLacerta schreiberisenmarcoLacerta strigataXeorxia, Armenia, Acerbaixán, Turkmenistán, Turquía e IránsenmarcoLacerta trilineatasenmarcosenmarcoLacerta viridissenmarco

En Galicia En Galicia vive unha especie clasificada actualmente no xénero Lacerta:Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1, pp. 110-111. Lacerta schreiberi, o lagarto das silvas ou das silveiras.lagarto das silvas no Dicionario da RAG.

Algunhas especies que antes estaban incluídas en Lacerta Salientaremos as seguintes da fauna ibérica:

Iberolacerta aranica, Iberolacerta aurelioi, Iberolacerta bonnali, Iberolacerta horvathi, Iberolacerta monticola, Podarcis muralis, Timon lepidus, Zootoca vivipara.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Linnaeus, C. (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, diferentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio Decima, Reformata. Holmia: L. Salvius. 824 pp. (Lacerta, novo xénero, p. 200). .

Outros artigos Escamosos Lacertilios Escincomorfos Lacértidos

Ligazóns externas Lacerta na ADW. (Incúle moitas especies que hoxe están clasificadas fóra do xénero). Lacerta na EOL. (Incúle só as especies que hoxe están clasificadas no xénero). Lacerta Linnaeus, 1758 no ITIS. (Inclúe só tres especies: Lacerta bilineata Daudin, 1802, Lacerta valentini Boettger, 1892 e Lacerta vivipara Jacquin, 1787, as dúas últimas non incluídas hoxe no xénero).

Categoría:Réptiles Categoría:Réptiles de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné