Synaptura é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Synaptura Cantor, 1849 non WoRMS. que comprende varias especies de linguados que viven en augas da rexión Indo-Pacífica e no Atlántico tropical oriental, excepto unha que habita nas augas doces de Australia.Especies de Synaptura na FishBase.

Taxonomía Descrición O xénero foi creado en 1849 polo naturalista danés Theodore Edward Cantor.

Sinónimo Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo Achlyopa Whitley, 1947.

Etimoloxía

O nome científico Synaptura está formado pola forma prefixa do grego antigo συν- syn-, do adverbio σύν sýn, "xuntamente", "á vez", e os termos gregos ἅπτω áptō, "suxeitar", "atar", e ουρά ourá, "cola", en referencia a que estes peixes teñen as aletas dorsal e anal unidas á aleta caudal.

Especies Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, as seguintes sete especies:

Synaptura albomaculata Kaup, 1858 Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 - o linguado de Guinea.Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Synaptura commersonnii (Lacepède, 1802) Synaptura marginata Boulenger, 1900 Synaptura megalepidoura (Fowler, 1934) Synaptura selheimi MacLeay, 1882 Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 - o linguado portugués,

Porén a FishBase en vez de Synaptura selheimi considera Synaptura salinarum (Ogilby, 1910).Nomes científicos das especies do xénero Synaptura na FishBasse.

E pola súa parte, a Encyclopedia of Life (EOL) admite un total de doce especies:

Synaptura albomaculata Kaup, 1858 Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 Synaptura commersonnii (Lacepède, 1802) Synaptura hediste Mees 1964 Synaptura inermis Saville-Kent, 1893 Synaptura marginata Boulenger, 1900 Synaptura megalepidoura (Fowler, 1934) Synaptura nigra Macleay, 1880 Synaptura quagga (Kaup, 1858) Synaptura salinarum (Ogilby, 1910) Synaptura selheimi Macleay, 1882 Synaptura villosa Weber, 1907

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos

Ligazóns externas

Synaptura na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes