Synapturichthys kleinii (Risso, 1827) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Synapturichthys kleinii (Risso, 1827) no WoRMS, a única existente no xénero Synapturichthys,Synapturichthys Chabanaud, 1927 no WoRMS. coñecido en galego como linguado xaspeado.Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 86.

Trátase dun linguado que habita nas costas do Atlántico leste (incluído o mar Mediterráneo), de Suráfrica e do océano Índico occidental

Taxonomía Xénero O xénero foi creado en 1927 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.

Especie A especie foi descrita por primeira vez en 1827 polo naturalista nizardo Antoine Risso, co nome de Rhombus kleinii.</small>

Sinónimos Ademais de polo nome orixinario que lle outorgou Risso, e de polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén ao longo do tempo polos seguintes sinónimos:

Pegusa kleini (Risso, 1827) (incorrecto) Pegusa kleinii (Risso, 1827) Solea alboguttata Fowler, 1929 Solea capellonis Steindachner, 1868 Solea kleini (Risso, 1827) (incorrecto) Solea kleinii (Risso, 1827) Solea melanoptera (Gilchrist, 1904) Synaptura melanoptera Gilchrist, 1904 Synaptura savignyi Kaup, 1858 Synapturichthys kleini (Risso, 1827) (incorrecto)

Etimoloxía Xénero O xenérico Synapturichthys está formado pola adición a Synaptura nome doutro xénero de soleidos — véxase a súa etimoloxía en Synaptura— da adaptación latina do termo do grego antigo ἰχθύς chthýs, "peixe".

Especie O epíteto específico, kleinii, foi unha homenaxe que lle fixo Risso ao naturalista xermano-polaco Jacob Theodor Klein .

Características Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego.O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, o seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.As escamas do lado ocular están provistas de espínulas, o que fai que o tarto da súa pel sexa áspero.A liña lateral é recta e visíbel no lado ocular, con tan só unha soa pequena curvatura cerca da cabeza, á altura da aleta pectoral.A zona superior das narinas do lado cego está expandida, formando unha roseta, como nas especies do xénero Pegusa.

As aletas dorsal e anal están unidas na súa parte posterior, por unha membrana, á aleta caudal.Tortonese, Enrico (1975): Osteichthyes. Bologna: Calderini.Costa, Francesco: Atlante dei pesci dei mari italiani. Milano: Mursia. ISBN 88-425-1003-3.

A súa columna vertebral está constituída por de 46 a 47 vértebras. A aleta dorsal presenta de 75 a 92 raios, e a anal, de 63 a 72.Synapturichthys kleinii (Risso, 1827) na FishBase.

A coloración da súa cara pigmantada é típica: beixe ou de cor area, salferida ás veces de manchas escuras, con puntos brancos. A aletas dorsal e anal están boredas de escuro. A aleta pectoral deste lado leva unha mancha negra no centro, e o extremo é abrancazado. O lado cego é abrancazado.Louisy, Patrick (2006): Guida all'identificazione dei pesci marini d'Europa e del Mediterraneo, a cura di Trainito, Egidio. Milano: Il Castello. ISBN 88-8039-472-X.

Pode alcanzar un tamaño máximo de até os 40 cm,Heemstra, P. C " O. Gon (1986): "Soleidae", pp. 868-874, en M. M. Smith & P. C. Heemstra, eds. Smiths' sea fishes. Berlin: Springer-Verlag. aínda que os espécimes capturados roldan os 15 cm.Bauchot, M. L. (1987): "Poissons osseux", pp. 891-1421, en W. Fischer, M. L. Bauchot & M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Rome.

Hábitat, distribución e bioloxía O linguado xaspeado é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en fondos de entre os 20 e os 460 m de profundidade,Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO, Vol. 2. en augas subtropicais, entre os 44° N e os 32° S, nas costas do Atlántico leste (incluído o mar Mediterráneo), de Suráfrica e do océano Índico occidental.

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.

Pesca O linguado xaspeado captúrase nas áreas de pesca 27, 34, 37 e 47 (Atlántico nordeste, Atlántico centro-leste, Mediterráneo e Atlántico sueste, respectivamente).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2. Relini, Giulio (2006): "Agnatha, Osteichthyes", en: Revisione della Checklist della fauna marina italiana. En FaunaItalia. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos

Ligazóns externas

Synapturichthys kleinii na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1827 Categoría:Produtos da pesca