300px|miniatura|Procedemento laparoscópico empregado en cirurxía metabólica. A cirurxía metabólica é o conxunto de procedementos cirúrxicos empregados para tratar a diabetes mellitus tipo 2 ("cirurxía diabética") e outras disfuncións metabólicas.. Este tipo de cirurxía ten coma obxectivo a produción de cambios no eixo enteroaxial, de xeito que o intestino produce máis cantidade de incretinas, unhas hormonas con efecto antidiabético.
A taxa de curación da diabetes mediante a cirurxía metabólica é arredor do 80%.
Indicacións O efecto metabólico que ten a cirurxía metabólica radica na estimulación e mellora da función das células beta, localizadas nos illotes de Langerhans do páncreas. Estas células son as encargadas de producir insulina, hormona implicada na fisiopatoloxía da diabetes. Na diabetes tipo 2 existe unha perda de función das células produtoras de insulina, de xeito que esta se produce en menor cantidade e ten unha acción peor. A cirurxía metabólica estimula ditas células para mellorar a produción de insulina. Na diabetes tipo 1, porén, non existen ditas células beta, o que fai que a cirurxía diabética non sexa efectiva neste tipo de diabetes.
Na actualidade, a principal indicación para a cirurxía metabólica é a obesidade. Así, na actualidade está indicado operar a todas as persoas que teñan un índice de masa corporal de máis de 35Kg/m² e diabetes mellitus tipo 2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cirurxía bariátrica Incretinas GLP-1 GIP Péptido YY Ligazóns externas Cirurxía metabólica: unha alternativa no tratamento da diabetes. Diabetes Bienestar y Salud
Categoría:Cirurxía