Herrerías é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Saja-Nansa. Limita ao norte cos concellos de Val de San Vicente e San Vicente de la Barquera, ao sur con Lamasón e Rionansa, ao leste con Valdáliga e ao oeste con El Valle Baju de Peñamellera (xa no Principado de Asturias). En Herrerías abondan as covas e posúe unha de extraordinario valor, a Cova de El Soplao, compartida con Rionansa e Valdáliga.

Xeografía Localidades Segundo o INE tiña 700 habitantes no ano 2006, que se distribuían nas seguintes localidades: Bielva (Capital), 237 hab. Cabanzón, 136 hab, 93 en Cabanzón e 43 no barrio de Otero. Cades, 83 hab. Camijanes, 111 hab, 71 en Camijanes e 40 en El Collado. Casamaría, 69 hab. Puente el Arrudo, 10 hab. Rábago, 54 hab.

Demografía

Administración Juan Francisco Linares Buenaga (PRC) é o actual alcalde do concello. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais de 2003 e 2007.Resultados electorais de Herrerías no xornal ElPaís Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PRC 382 64,42 % 5 PP 168 28,33 % 2

Alcalde electo: Juan Francisco Linares Buenaga (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 357 64,32 % 5 PSOE 99 17,84 % 1 PP 97 17,48 % 1

Alcalde electo: Juan Francisco Linares Buenaga (PRC).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello de Herrerías

Categoría:Concellos de Cantabria