miniatura|dereita|Ósos wormianos no cranio dun home de 21 anos. miniatura|dereita|Ósos wormianos na sutura lambdoide. Os ósos suturais ou ósos wormianos son uns pequenos ósos supernumerarios que en ocasións existen entre os ósos do cranio que se describen normalmente. A osificación, ademais, de nos centros habituais de osificación, pode producirse tamén noutros lugares, dando lugar a ósos illados e irregulares. Estas osificacións non son o máis común, pero tampouco son moi raras. Isto ocorre no cranio con maior frecuencia na sutura lambdoide. Nas momias peruanas da época Inca os ósos wormianos nesa posición eran bastante frecuentes e grandes, polo que se lles chamou "ósos incas". Tamén adoitan aparecer nas suturas saxital e coronal ou nas fontanelas, especialmente na posterior. Un deles, é o osiño do pterio, que aparece ás veces entre o ángulo esfenoidal do óso parietal e a á maior do óso esfenoide. Tenden a estar dispostos de forma máis ou menos simétrica nos dous lados do cranio, e varían de tamaño. O seu número está xeralmente limitado a dous ou tres, pero atopáronse máis dun cento no cranio dun adulto hidrocefálico.

Os ósos suturais ou wormianos son unha marca de certas enfermidades e importantes para a diagnose da enfermidade dos ósos fráxiles osteoxénese imperfecta.Glorieux FH, "Osteogenesis Imperfecta," Best Practice & Research Clinical Rheumatology. 22:1, pp. 85-100. 2008 Ademais, tamén se poden atopar ás veces ósos wormianos nas seguintes doenzas: picnodisostose, raquitismo, síndrome de Menke, diostose cleidocranial, hipoparatiroidismo e hipofosfatasia, síndrome otopalatodixital, acro-osteólise primaria, e síndrome de Down.

Historia Estes ósos chámanse así polo profesor de Anatomía danés Olaus Wormius (1588–1654), que os describiu en 1611. De todos modos, non é exacto atribuír o descubrimento a Worm, xa que moito antes Gonthier d'Andernach, médico de Francisco I de Francia e un dos mestres de Andrés Vesalio, dera unha boa descrición destes ósos, coñecidos desde a antigüidade.

Os ósos wormianos ocupaban un lugar importante na farmacopea dos médicos gregos antigos, que os empregaban contra as afeccións cerebrais, a epilepsia etc.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de ósos do esqueleto humano Cranio

Bibliografía "Compendio de anatomía descriptiva" Leo Testut,A. Latarjet Google Books:Anatomy of the Human Body

Categoría:Esqueleto