A lingua tehuelche, pertencente ao grupo de linguas chon, foi falada polo pobo tehuelche meridional ou aónikenk da Patagonia. O seu autónimo foi aonekʾen ʾaʾjen, a lingua do Sur. A denominación tehuelche é un exónimo proveniente do mapudungun "xente belicosa". Existe a evidencia lingüística que permite clasificar o tehuelche dentro das linguas chon meridionais. Dentro das linguas chon o tehuelche ten proximidade coa extinta lingua teushen. No 2000 restaban catro falantes da lingua. O tehuelche está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO. En 2019 declarouse exinta coa morte de Dora Manchado.
Enumeración O sistema para enumerar en tehuelche coa base decimal é como segue:
čočeʔ = un xawke = dous qāš = tres qāge = catro kt'en = cinco wenaqāš = seis qōke = sete poš = oito xamaqt'en = nove oqaken = dez
Ademais, presenta dous numerais máis altos, préstamos procedentes do mapudungun, e ao mesmo tempo do quechua e do aimará.
pataq''' = cen (map. pataka)warenk = mil (map. warangka)
Vocabulario Cacique = Korrg, OipenkeBufo = AamenCervo = MochCerro = YeutAuga = Le, AmienLume = IaikFrecha = ShotelCabalo = KowaiCabeza = AllnCampo = JaukeVerde = JestateltenkAzul = Jeshtentenk, KaltenkVermello = KápenkenBranco = EorrenkNegro = Pol, EpolenkSol = Sheuen, Kenikénken, Tenink, KeengenkenLúa = KengenkonTerra = Geur, Tem Notas
Véxase tamén Bibliografía Fernández Garay, Ana V. (1997): Testimonios de los últimos tehuelches. Buenos Aires: Universidad de Buenos Aires. Fernández Garay, Ana (1998), El tehuelche. Una lengua en vías de extinción, Valdivia: Facultad de Filosofía y Humanidades. Universidad Austral de Chile Fernández Garay, Ana (2002): "Aspects of ergativity in tehuelche". In: Contemporary Perspectives on the Native Peoples of Pampa, Patagonia, and Tierra del Fuego. Editado por Claudia Briones e José Luis Lanata. Fernández Garay, Ana V. (2004): Diccionario tehuelche-español / índice español-tehuelche. Leiden: Universidade de Leiden [Indigenous Languages of Latin America 4]. Viegas Barros, J. Pedro (2005): Voces en el viento. Raíces lingüísticas de la Patagonia. Buenos Aires: Mondragón. Outros artigos Pobo tehuelche
Ligazóns externas Informe do Ethnologue'' sobre a lingua tehuelche Tehuelche no Wiktionary en castelán.
Categoría:Linguas chon Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas mortas de América do Sur