Antonij Dziamjanka (en ), nado na parroquia de Zabroddzie (distrito de Stoŭbcy, rexión de Minsk, RSS de Belarús) o 1 de xaneiro de 1960, é un eclesiástico católico latino belaruso, dende 2012 bispo de Pinsk.
Traxectoria Naceu na pequena parroquia rural de Zabroddzie, no distrito de Stoŭbcy da República Socialista Soviética de Belarús, o 1 de xaneiro de 1960. O 28 de outubro de 1980 foi ordenado sacerdote por Vincentas Sladkevičius. Comezou o seu ministerio na clandestinidade en varias parroquias. Entre 1982 e 1984 realizou o servizo militar, e entre 1985 e 1998 foi párroco en Navahrudak.
O 4 de xullo de 1998 foi nomeado bispo auxiliar de Hrodna e bispo titular de Lesvi. Recibiu a ordenación episcopal o 29 de setembro de mans do arcebispo de Minsk-Mahilioŭ Kazimierz Świątek.
O 14 de decembro de 2004 foi nomeado bispo auxiliar de Minsk-Mahilioŭ, e o 14 de xuño de 2006 administrador apostólico de dita sé.
O 3 de maio de 2012 foi nomeado bispo de Pinsk.
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados no distrito de Stoŭbcy Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos da Igrexa católica latina