A papuxa tomiñeira (Curruca conspicillata, antes Sylvia conspicillata) é unha ave da familia das Sylviidae

Morfoloxía e Hábitos A papuxa tomiñeira ten unha lonxitude duns 13 cm. O corpo é de cor parda, exceptuando as ás que son avermelladas e maila cabeza. Esta última presenta un deseño gris coa gorxa e o contorno dos ollos brancos. Nas femias a parte agrisada é de cor parda. Habita en terreos secos con escaseza de vexetación, con preferencia polos tomiñeiros. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.

Distribución No verán é común nas penínsulas Ibérica e Itálica. Común durante todo o ano no Magreb Occidental e no próximo Oriente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a.

Categoría:Sílvidos