A papuxa de cabeza negra (Curruca melanocephala, antes Sylvia melanocephala) é unha ave da familia Sylviidae
Morfoloxía e hábitos A papuxa de cabeza negra ten unha lonxitude duns 14 cm e pesa uns 20 gramos. O corpo enteiro é de tons marróns, sendo máis intensos nas ás e lombo. Salienta a cabeza completamente negra e a carúncula ocular vermella. Habita en bosques mixtos e de coníferas (especialmente piñeiros), xardíns e parques. Aliméntase de insectos, arañas e bagas de sabugueiro.
Reprodución
A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 6 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 12-13 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a.
Categoría:Sílvidos