A papuxa das figueiras (Sylvia borin) é unha ave paseriforme da familia dos sílvidos.
Morfoloxía e hábitos A Papuxa picafollas ten unha lonxitude duns 14 cm e pesa uns 20 gramos. O corpo enteiro é de cor parda oliva exceptuando a parte inferior máis clara. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques mixtos, xardíns e parques. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.
Reprodución A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 5 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 13-14 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.
Distribución Común en toda Europa, exceptuando o extremo Siberiano e o sur das penínsulas Ibérica, Itálica e Helénica. Notas
Véxase tamén Bibliografía C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest .
Categoría:Sílvidos