A Historia dos Quebec Nordiques remóntase a 1972, cando un grupo de investidores de Quebec compraron unha franquía na recentemente creada World Hockey Association (WHA), e finalizou en 1995, cando a franquía foi trasladada a Denver (Colorado, Estados Unidos). Nos seus 23 anos de existencia a franquía competiu sete tempadas na WHA e, logo da súa fusión coa NHL, 16 tempadas na NHL. O seu maior logro foi a consecución do Avco World Trophy (o campionato da WHA) na tempada 1976-77.

A compra da concesión miniatura|Estatua de Jean Lesage presidente do consello de administración dos Quebec Nordiques en xuño de 1972. En 1971 creouse unha nova liga de hóckey sobre xeo baixo os auspicios de Gary Davidson e Dennis Murphy: a World Hockey Association ou WHA (en galego Asociación Mundial de Hóckey). Esta liga, segundo os seus fundadores, competiría coa National Hockey League.Hornby, « Les grands moments du Hockey », p. 78 Esta nova asociación chamou a atención dun grupo de accionistas dos Quebec Remparts da Ligue de hockey junior majeur du Québec. Este grupo, comunmente denominado o «Groupe des six» (Grupo do seis), estaba formado por Marcel Bédard, Léo-Paul Beausoleil, Jean-Marc Bruneau, John Dacres, Marius Fortier e Jean-Claude Mathieu. Ao non concordar en certos aspectos cos outros accionistas dos Remparts decidiron vender as súas accións por 60.000 dólares e reinvestilos na compra dunha franquía da WHA.

O custo establecido para unha concesión na nova competición era de 25.000 dólares, mais os investidores de Quebec presentáronos demasiado tarde e a WHA rexeitou a súa candidatura. En febreiro de 1972, renaceu un pouco a esperanza, xa que Gary Davidson propuxo aos quebequeses a readquisición da franquía dos San Francisco Sharks por 250.000 dólares, este último parecía ter dificultades para comezar. O grupo coñeceu máis tarde que esta franquía pertencía ao propio Gary Davidson, así como ao seu socio Dennis Murphy e a Mike O'Hara. Decidiuse deixar esta concesión dispoñible para unha oferta máis alta se os compradores se manifestaran no futuro.Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 51 Finalmente acordaron a suma de 215.000 dólares, dos cales 50.000 deberían ser pagados en efectivo, nacendo así a franquía de Quebec.Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 56

Todo o mundo pensaba que o club se puxera en marcha, mais moitos escépticos suxeriron que o presuposto que o grupo previra para as operacións de hóckey non era realista e que o club finalmente non vería a luz. Para contrarrestar este escepticismo, conseguiron unha reunión con George « Punch » Imlach, na súa época de director xeral dos Buffalo Sabres da NHL xunto con Joe Crozier. A reunión celebrouse en Toronto en abril de 1972 e os participantes na mesma compararon o presuposto proxectado co dos Sabres. Isto demostrou que os presupostos eran sensiblemente os mesmos, e Imlach alentounos a embarcarse na aventura con ese presuposto.Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 73

A pesar destes incentivos, poucos investidores manifestaron interese polo equipo. Ademais tiñan que atopar unha suma de 100.000 dólares para pagar á WHA para garantir a entrada en competición do equipo na tempada inaugural. Se o grupo non abonaba os cartos, perdería o anticipo de 50.000 dólares que pagara para mercar a franquía e sería excluído da competición por comezar uns meses máis tarde. Ao non ter os cartos solicitados, John Dacres e Marius Fortier partiron cara Chicago onde debía ter lugar unha reunión coa dirección da WHA. En Chicago recibiron unha primeira oferta de axuda, a dun tal Martin Lazarus. A axuda era a condición do traslado do equipo a Montreal. Tendo fracasado en atopar a suma antes do ultimato, os dous homes aínda ían a tempo para a reunión e para a súa sorpresa, Bill Hunter propietario da franquía de Edmonton avalou e depositou os cartos do club de Quebec.

Un tempo despois, coa axuda de Jean Lesage, os Nordiques foron capaces de atopar en Charles Marquis a un investidor que garantira o debut do equipo nunha pista de xeo.Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 79 Marius Fortier converteuse pola súa parte no director xerente da franquía, e Lesage foi nomeado presidente do consello de administración.

Na World Hockey Association Primeiras tempadas (1972-1973 e 1973-1974) miniatura|esquerda|Maurice Richard, primeiro adestrador da franquía. O primeiro adestrador do equipo foi Maurice Richard, icona dos quebequeses e xogador dos Montreal Canadiens da NHL durante unha vintena de anos; inicialmente rexeitou a proposta de Fortier e Maurice Filion, scout do equipo, mais finalmente coaccionado pola súa muller, o « Rocket » aceptou ir a Quebec e asinou o seu contrato co novo equipo da WHA o 27 de xullo de 1971. Uns días antes, o defensa e buque insignia dos Canadiens Jean-Claude Tremblay decidiu cambiar de liga e uniuse á WHA e aos Nordiques pola suma de 140.000 dólares por tempada. Os dous ex-Canadiens foron as dúas estrelas dos primeiros Nordiques, o resto do equipo estivo composto por xogadores fancocanadenses. Tremblay foi designado capitán do equipo.

Os Quebec Nordiques xogaron o seu primeiro partido na WHA na noite do 11 de outubro de 1972, cunha derrota por 2 goles a 0 na pista dos Cleveland Crusaders. A raíz desta primeira derrota, Richard declarou a Fortier que non continuaría e que non soportaba a presión que xeraba o posto de adestrador dun equipo.Larochelle, « Les Nordiques - Dix ans de suspence », páxs 184 e 185 Finalmente accedeu a permanecer no posto para o primeiro partido na casa fronte aos Alberta Oilers cunha vitoria por 6 goles a 0 cun shutoutUn porteiro realiza un shutout cando consegue non encaixar ningún gol durante o partido. Tamén ten que ter sido o único porteiro do equipo que xogou. de Serge Aubry. O primeiro gol da historia dos Nordiques foi anotado por François Lacombe. Con todo, Richard non aproveitou o partido e a dirección de Quebec anunciou de xeito oficial que Richard se retiraba unha semana por motivos de saúde; Filion tomou entón o posto de adestrador.

Imitando á NHL, a WHA organizou no mes de xaneiro de 1973 o seu primeiro partido das estrelas, que tivo lugar na cidade de Quebec e no que tres xogadores dos Nordiques participaron na vitoria do equipo da súa división Aubry, Tremblay e Michel Parizeau. Con 33 vitorias, 40 derrotas e cinco empates, os Nordiques finalizaron a liga regular cun quinto posto na División Leste, non conseguindo clasificarse para os play-offs. Tremblay foi nomeado mellor defensor da liga e en consecuencia recibiu o Dennis A. Murphy Trophy.

Despois desta primeira tempada, Fortier debía atopar un sucesor para Fillion, así como o xeito de atraer a máis xente para que fose ver os partidos do equipo. De feito o equipo atraeu unha media de 7.000 espectadores por partido, a segunda media máis alta da WHA, mais os Remparts atraían en cada partido a 10.000 espectadores. Finalemente, Jacques Plante foi nomeado para ocupar os postos de director xeral e adestrador da franquía.Duplacey, « », páx 180

A pesar de que ao equipo de Plante chegaron xogadores como Serge Bernier, Réjean Houle e Dale Hoganson, o equipo non puido gañar durante a tempada 1973-74. Finalmente o equipo perdeuse os play-offs por un punto na clasificación. Plante foi fortemente criticado polos seareiros de Quebec e decidiu el mesmo deixar a franquía o 1 de maio para regresar ao xogo na tempada seguinte á fronte dos Edmonton Oilers.

Primeiras clasificacións para os play-offs (1974-1975 e 1975-1976) miniatura|Gordie Howe axudou aos Houston Aeros a derrotar aos Nordiques na final do Avco World Trophy en 1975. Antes do inicio da tempada 1974-75, as contas do club estaban en vermello, en parte a causa da marcha precipitada de Plante, antes de que André Veilleux investira 50.000 dólares na caixa. Deste xeito entrou no novo consello de administración, mais só pasaron dúas semanas para que quixera facerse cargo da xestión do equipo. John Dacres converteuse no segundo presidente do club, e Fillion outorgoulle o posto de adestrador do equipo a Jean-Guy Gendron. No draftO termo draft é un anglicismo que se emprega para designar un evento anual presente en todos os deportes colectivos de América do Norte no que os equipos seleccionan deportistas da universidade, o instituto, ou un equipo doutra liga para o seu equipo. afeccionado de 1974 da WHA, o equipo foi o noveno en escoller, seleccionando a Réal Cloutier, xogador júnior dos Remparts.

Ao mesmo tempo, a WHA reestruturouse creando unha terceira división, a Canadian Division, na que os Nordiques competiron xunto cos Winnipeg Jets, os Vancouver Blazers, os Edmonton Oilers e os Toronto Toros. Os Nordiques loitaron toda a tempada cos últimos pola primeira posición da división. No mes de decembro, o equipo realizou un intercambio de varios xogadores cos Michigan Stags: Marc Tardif e Steve Sutherland chegaron a Quebec a cambio de Pierre Guité, Alain Caron e Michel Rouleau. Se impuxo rápido no seo do equipo e foi invitado durante esa tempada ao partido das estrelas da WHA disputado de novo no Quebec, e ao que tamén foron invitados Bernier, Houle, Tremblay e Hoganson..

Entre o 1 e o 19 de xaneiro, o equipo conseguiu nove vitorias consecutivas, colocándose na primeira posición da clasificación da súa división. En marzo, o equipo finalizou a liga regular con 92 puntos, o segundo rexistro máis alto da liga por detrás dos Houston Aeros

Clasificados por primeira vez para os play-offs, os Nordiques enfrontáronse na primeira rolda aos Phoenix Roadrunners, tendo que chegar ao quinto partido da serie para derrotar ao equipo de Arizona. Na segunda rolda, os Nordiques enfrontáronse aos Minnesota Fighting Saints, necesitando desta vez o equipo de Gendron de seis partidos para pasar á seguinte rolda. Na final, os de Quebec enfrontáronse aos campións da liga regular ese ano e do Avco World Trophy na tempada 1973-74, os Aeros. Estes últimos contaban nas súas filas con Gordie Howe, veterano de 46 anos, así como os seus dous fillos Mark e Marty. Os Nordiques foron superados polos Aeros e perderon a final en catro partidos cun total de 20 goles para o equipo de Houston fronte a sete dos Nordiques. Con todo, Tremblay recibiu por segunda vez na súa carreira o trofeo ao mellor defensor da WHA.

Campión do Avco World Trophy (1976-1977) miniatura|esquerda|O Avco World Trophy que foi entregado aos Nordiques. A tempada 1976-77 dos Nordiques viu a chegada dun novo adestrador na persoa de Marc Boileau, logo de dous anos adestrando aos Pittsburgh Penguins. Boileau chegou ao banco do equipo en substitución de Gendron, que non mediou máis cos xogadores do equipo. Os xogadores de Quebec protagonizaron un bo inicio de tempada conseguindo oito vitorias nos seus nove primeiros partidos, tomando rapidamente o mando da división Leste e da World Hockey Association. Durante os seguintes 20 partidos, o equipo experimentou unha baixada de rendemento, gañando tan só oito partidos, o que non impediu que o 21 de decembro permaneceran aínda á cabeza da división Leste, porén perderon o liderado na clasificación da WHA a mans dos San Diego Mariners.

Entre o 22 de decembro e o 25 de xaneiro, os Nordiques gañaron nove partidos de xeito consecutivo para asentar o seu dominio na división Leste. Ao final da liga regular, o equipo de Quebec finalizou á fronte da súa división cun rexistro de 47 vitorias, 31 derrotas e 3 empates, sumando un total de 97 puntos, catorce puntos máis que os segundos clasificados, os Cincinnati Stingers. Durante esta tempada, os Minnesota Fighting Saints detiveron as súas actividades no mes de febreiro de 1976.Duplacey, « », páx 375