O Chaparral, A. Fontán ou Almirante Fontán é un barrio urbano do lugar das Laxes, da parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 231 habitantes (115 homes e 116 mulleres).
Historia É un barrio de vivendas de protección oficial construídas polo Instituto Social da Mariña a comezos da década de 1970 para acoller familias mariñeiras, debido á proximidade ó núcleo de Baiona e ó mar. É un caso semellante ó barrio da Anunciada.
Antes da construción do barrio, o terreo era coñecido como Monte de Santo Estevo, debido á capela na honra deste santo preto do Burgo. Ademais dáballe nome á praia agora chamada de Santa Marta (capela que se atopa tamén preto desta).
O lugar debe o seu nome a Jesús Fontán Lobé, mariño que participou na difusión do Opus Dei en Galicia, responsable da Casa Militar de Francisco Franco e xefe dos servizos secretos españois durante a segunda guerra mundial. Porén, o barrio é coñecido con máis frecuencia como O Chaparral.
Lugares e parroquias Lugares de Baíña
Parroquias de Baiona
Notas
Categoría:Lugares de Baiona
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia