As Ensinanzas Artísticas Superiores de Arte Dramática teñen como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais nos ámbitos da interpretación, a dirección escénica, a dramaturxia, a escenografía e aquelas áreas de coñecemento e investigación vinculadas con elas. A superación do período formativo dá lugar á obtención do Título Superior de Arte Dramática, seguido da especialidade que cursara o alumno.
Duración Catro cursos académicos de 60 créditos cada un, cun total de 240 créditos ECTS.
Os créditos ECTS incorpóranse como unidade de medida que reflicten os resultados da aprendizaxe e o volume de traballo realizado polo estudante.
Requisitos de acceso Estar en posesión do Título de Bacharel ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para os maiores de 19 anos de idade que non cumpren os requisitos anteriores, as Administracións educativas regulan e organizan unha proba que acredita que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas. En ambos casos, é necesario superar a proba específica. A superación da proba faculta, unicamente, para matricularse no curso académico no que foi convocada. Corresponde ás Administracións educativas, no seu ámbito competencial, a convocatoria, organización, desenvolvemento e avaliación da proba específica de acceso a estes estudos. As Administracións educativas realizan, polo menos, unha convocatoria anual da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática. Esta proba faculta, unicamente, para matricularse no curso académico para o que tivese sido convocada. A superación desta proba específica permite acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursan estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas dos mesmos.
Categoría:Teatro Categoría:Arte