Alexander David Turner, nado o 6 de xaneiro de 1986 en High Green, Sheffield, é un músico, cantante e compositor inglés. É o vocalista, guitarrista e principal compositor da banda Arctic Monkeys. Turner tamén gravou cun proxecto paralelo chamado The Last Shadow Puppets e como artista en solitario. Tamén compuxo e interpretou cancións para a banda sonora do filme de 2010 Submarine.
Categoría:Nados en Sheffield Categoría:Nados en 1986 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Guitarristas de Inglaterra