Florentino González Vallés, finado na Coruña o 26 de novembro de 1938, foi un militar e político galego.
Traxectoria Ingresou na Academia de Infantaría en 1903. Ingresou na Garda Civil, foi tenente en Vilalba (1911), chegando a tenente coronel. En abril de 1936 foi cesado no seu destino e declarado dispoñible forzoso por asistir sen autorización ao enterro de Anastasio de los Reyes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado gobernador civil da Coruña o 9 de agosto. Despois foi Xefe da Comandancia da Garda civil de León, Lugo (abril de 1937), A Coruña (febreiro de 1938), Santander e Pontevedra. Finou na Coruña o 26 de novembro de 1938.La Voz de Galicia, 28-11-1938, p. 2.
Vida persoal Casou con María Sánchez Abelenda en 1910 e foi pai de Guillermo González Sánchez, alférez provisional da Garda Civil que morreu na fronte de Biscaia o 17 de maio de 1937, e Lorenzo González-Vallés Sánchez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Finados en 1938 Categoría:Militares de España Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Gardas civís