miniatura|Estatuas de guerreiros galaicos no Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa. Os lusitanos eran un dos pobos celtiberos da Península Ibérica. Durante séculos o estado portugués utilizounos como os antepasados máis antigos no novo estado.

Eran un pobo prerromano que habitaba parte do centro do actual Portugal, desde a beira esquerda do Douro até as inmediacións do Algarve. Séguese a dubidar sobre a súa celticidade ou si son un pobo nativo influído por correntes centroeuropeas.

Sociedade A estrutura social lusitana estaba baseada nas gentilitatesFrancisco Martins Sarmento"Lusitanos, lígures e celtas" e sobre elas existía unha elite gobernada por un princeps elixido de entre a aristocracia; semella que tiñan tanto propiedades privadas (casa, gando) como comunais (terras de pasto, murallas) e guiábanse polo espírito bélico que os levaba a organizar expedicións non de conquista pero si de botín como ritual de paso da xuventude. Podían usar da súa forza empregándose como mercenarios en exércitos estranxeiros.

O seu hábitat repartíase entre poboados fortificados (castros)Virgílio Correia"Conímbriga: noticia do «Oppidum» e das escavações nele realizadas. Coimbra, Tipografia da Gráfica de Coimbra, 1936 e granxas; o comercio levábase a cabo mediante o pago en metálico (lingotes de prata) ou o intercambio de bens con agasallos, as rutas comerciais eran axilizadas usando curraghs (barcos de coiro e vime) ou troncos baleirados.Joaquina Soares "Embarcacións tradicionais do Sado" 2008

A explotación mineira levábase a cabo en escavacións superficiais de filóns mentres que os ourives e ferreiros se movían por todo o territorio traballando segundo as demandas e conseguindo un alto nivel en trebellos de luxo, como son as famosas lúnulas (como a moi famosa lúnula lusitana do Chão de Lamas) con técnicas de repuxado; tamén se traballou o ferro, sobre todo en armas (espadas de antenas, falcatas, lanzas, puñais...) que formaban parte da panoplia do guerreiro lusitano (que durante anos se confundiu cos estatuas de guerreiros galaicos bracarenses a pesar de que estas estatuas só se dan no territorio galaico e non lusitano).

A súa cultura era típica da Idade de Ferro e conservouse parte da lingua lusitana a través das inscricións de Arroyo de la Luz (Estremadura), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal), Lamas de Moledo (Viseu) e Arronches (Alto Alentexo, Portugal).

Relixión lusitana A relixión dos lusitanos era politeísta de carácter panteísta;Juan Carlos Olivares Pedreño "Los dioses de la hispania céltica" Real Academia de Historia descoñécese moito sobre ela pero sábese que debía existir algo semellante aos druídasEstrabón "Xeografía" (que oficiaban sacrificios humanos para adiviñar o futuro) que se atopaban nos santuarios lusitanos de Panoias, Lamas de Moledo ou San Miguel da Mota.

Os seus deuses eran comúns a outros pobos veciños (Galaicos, Vetóns):Rosa Brañas, "Galaicos e Romanos na Galicia céltica" ed Toxosoutos 2000 Caricocecus: Deus da guerra, un dos máis importantes debido a que recibe os mellores sacrificios (humanos e de cabalos e cabras) Ataecina: Deusa da vida e da morte, compartía o control da saúde con Bormánico. Bandagona. Bormánico: Deusa da saúde. Duberdicos: Deus das augas. Navia: Deusa dos ríos. Runesocesios: Consérvase un ritual baseado en lanzas completas de bronce relacionado con este teónimo. Sucellos: Deus da abundancia.

Notas

Categoría:Pobos antigos Categoría:Celtas Categoría:Historia de Portugal Categoría:Historia de España do século -I