Rodesia do Norte,Véxase a entrada de «Zambia». na actualidade Zambia, foi unha colonia británica formada en 1911 e controlada pola Compañía Británica de África do Sur ata 1923. Dende 1924, o territorio pasou a ser un protectorado, mentres que a colonia veciña de Rodesia do Sur obtiña a autonomía, pero aínda como territorio da coroa. A razón deste cambio foi a intención de Cecil Rhodes de xuntar as dúas Rodesia coa entón Unión Surafricana. En 1953, Rodesia do Norte uniuse a Rodesia do Sur e a Niasalandia (actual Malawi no que os británicos chamaron Federación de Rodesia e Niasalandia, que durou ata 1963, dando paso á independencia de Zambia, o 24 de outubro de 1964.

As capitais foron primeiro Livingstone e logo Lusaka. Notas

Categoría:Zambia Categoría:Colonización Categoría:Estados desaparecidos de África