El Ferrolano foi un periódico de inclinación provincialista editado en Ferrol en 1846.
Historia e características Subtitulado Periódico de literatura, apareceu o 10 de febreiro de 1846 como sucesor ou continuador de El Águila. Imprimíao Nicasio Taxonera Marzal. Foron os seus redactores Leandro de Saralegui Fernández, Juan Antonio Lacaci e Benito Vicetto Pérez. Contiña artigos de fondo, sección de literatura, contos, poesía, charadas, gacetiñas e comunicados. Cesou a súa publicación o 31 de marzo dese ano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1846 en Galicia