miniatura|dereita|300px|Características morfolóxicas da picnose e outras formas de destrución nuclear. miniatura|300px|Apoptose. A picnose (do grego pyknono, que significa "engrosar, pechar ou condensar") ou cariopicnose é a condensación irreversible da cromatina no núcleo dunha célula que está sufrindo necrose ou apoptose. Vai seguida da cariorrexe, ou fragmentación do núcleo. A picnose tamén se observa na maduración dos eritrocitos e nos neutrófilos. O metarrubricito en maduración (un estadio da maduración dos eritrocitos) condensa o seu núcleo antes de expulsalo da célula e converterse nun reticulocito. O neutrófilo en maduración condensa o seu núcleo en varios lóbulos conectados que permanecen na célula ata o final da vida da célula.
Na zona reticular da glándula adrenal poden verse a miúdo núcleos picnóticos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Apoptose Cariólise Cariorrexe
Categoría:Procesos celulares Categoría:Morte celular programada