miniatura|dereita|300px|Características morfolóxicas da picnose e outras formas de destrución nuclear. miniatura|300px|Apoptose. A cariorrexe (do grego antigo karyon = "améndoa, semente ou núcleo", e rhexis- = "rebentar") é a fragmentación destrutiva do núcleo dunha célula moribunda na que a súa cromatina se distribúe irregularmente polo citoplasma. Xeralmente vai precedida da picnose e seguida da cariólise e pode ocorrer como resultado da morte celular programada (apoptose), senescencia, ou necrose.
Na apoptose, a clivaxe do ADN realízana endonucleases dependentes de Ca2+ e Mg2+.
Notas
Véxase tamén Apoptose Cariólise
Categoría:Procesos celulares Categoría:Morte celular programada