Nicasio Taxonera, finado en Ferrol en abril de 1911Gaceta de Galicia, 13-4-1911, p. 1., foi un impresor e político galego.

Traxectoria miniatura|A Historia de Galicia de José Verea, imprentada por Nicasio Taxonera. Foi o seu pai Nicasio Taxonera Marzal, un importante empresario ferrolán en posesión dunha imprenta desde, cando menos, o 1837. Desta imprenta saíu no 1838 a Historia de Galicia de José Verea y Aguiar e a edición do primeiros periódicos locais de ideoloxía provincialista: El Águila (1845) e El Ferrolano (1846).

Finado o seu pai no 1854, continuou Nicasio Taxonera fillo cos seus negocios, editando na imprenta familiar os xornais El Eco Ferrolano (1854-1855, 1864-1869), El Pensamiento de Galicia (1865-1866) e El Diario Ferrolano (1867-1869). Da imprenta dos Taxonera saíron tamén os sete volumes da Historia de Galicia de Benito Vicetto (1865-1873) e os Estudios sobre la época céltica en Galicia de Leandro de Saralegui.

Foi elixido deputado provincial en 1877El Diario de Santiago, 9-3-1877, p. 2..

Notas

Véxase tamén Outros artigos El Eco Ferrolano El Ferrolano

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Deputados provinciais da Coruña