Luis de Toledo Freire, finado en Madrid o 24 de decembro de 1983Necrolóxica en ABC, foi un político galego.
Traxectoria Inspector de servizos do Ministerio de Facenda. Funcionario da Delegación de Facenda de Pontevedra e vicepresidente da Deputación, foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra polo Gobernador civil o 9 de agosto de 1939. Foi alcalde de Pontevedra do 29 de agosto ao 25 de novembro de 1943. Foi Director xeral de Impostos sobre a Renda ata 1963 e despois presidente do Consello de Administración das minas de Almadén (1963-1969). Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Civil.
Notas
Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en ano descoñecido