Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Serrure

Constant-Antoine Serrure, nado en Gante o 10 de xuño de 1835 e finado en Sint-Josst-ten-Noode o 6 de xuño de 1898, foi un numismático e historiador belga.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Constant-Antoine Serrure naceu en xuño de 1835 en Gante, fillo do eminente historiador, numismático e profesor universitario Constant-Philippe Serrure.De Ceuleneer, A. (1920). Páxina 242.De Ceuleneer, A. (1920). "Serrure (Constant-Philippe)". En Biographie Nationale. Vol. 22. Bruxelas. Páxinas 251-264.Ambrosole, S. (1898)."Constante Antonio Serrure". I Grandi Numismatici. Società numismatica Italiana (socnumit.org).De Raadt, J. Th. (1899). Páxina 140.Richebé, R. (1898). Páxina 309.

En 1852 comezou os seus estudos na Universidade de Gante, onde acadou un doutoramento en Dereito, e en 1857 ingresou como avogado no Tribunal de Apelación de Gante.

Carreira xurídica Exerceu a avogacía durante dúas décadas, e foi tamén autor de varios textos xurídicos, como un artigo de 1867 sobre o dereito a converter unha separación xudicial en divorcio.Véxase "(1867)" en "Publicacións". Ademais, formou parte da comisión creada para traducir ao flamengo os códigos legais belgas, un tema sobre o que escribiu outro dos seus artigos,Véxase "(1868)" en "Publicacións". en relación coa tradución do Código Civil.

Numismático e historiador Serrure era afeccionado á numismática e xa desde a súa xuventude posuía amplos coñecementos nesta disciplina, xa que tiña ao seu dispor tanto a rica colección de moedas como a biblioteca especializada do seu pai. En 1851, con só 17 anos, cando aínda era un estudante de Dereito, publicou a súa primeira colaboración na Revue belge de numismatique.Véxase "1851" en "Publicacións".De Ceuleneer, A. (1920). Páxina 243.

Logo dos 20 anos de carreira xurídica, instalouse en Bruxelas e pasou a se dedicar integramente aos estudos numismáticos, aínda que nun dos seus primeiros artigos desta nova etapa foi quen de unir ambos os intereses, ao tratar sobre os dereitos que asisten aos descubridores de tesouros ocultos.Véxase "(1883)" en "Publicacións". O seu coñecemento preciso da historia, xunto coa súa capacidade para descifrar lendas e o estudo de numerosas coleccións numismáticas permitíronlle corrixir numerosas atribucións erróneas e facer avanzar a ciencia da numismática, principalmente no relativo ás cuñaxes medievais dos Países Baixos.De Ceuleneer, A. (1920). Páxina 248.

En 1881 fundou, xunto co seu fillo Raymond, o Bulletin de Numismatique et d'Archéologie, no que colaborou moi activamente ata 1886.Richebé, R. (1898). Páxina 310.

Esta dedicación á numismática non lle impediu publicar, ademais, varios estudos sobre diversos asuntos históricos, literarios e heráldicos, como a historia da literatura flamenga medieval, que lle propiciaron o ingreso nas Sociedades Literarias de Leiden e de Utrecht.De Ceuleneer, A. (1920). Páxina 245. No eido dos estudos estritamente historiográficos, o seu principal traballo foi a Histoire de la souveraineté de 's Heerenberg, publicado en Gante en 1860. Tamén proxectou escribir a historia da Casa de Nassau nos Países Baixos anterior a Guillerme o Taciturno, mais só chegou a publicar un capítulo, en 1862.Véxase "(1862)" en "Publicacións".De Ceuleneer, A. (1920). Páxina 246. miniatura|Necrolóxica de Constant-Antoine Serrure.

Vida persoal e morte O 11 de novembro de 1861 casou coa súa curmá Amandine Serrure. Un dos seus fillos foi o tamén numismático Raymond Serrure (1862-1899).De Ceuleneer, A. de. (1920). "Serrure (Raymond-Constant)". En Biographie nationale. Tomo XX. Páxinas 265-272.

Constant-Antoine Serrure faleceu en Sint-Josst-ten-Noode, na rexión de Bruxelas Capital, o 6 de xuño de 1898, aos 62 anos.

Publicacións Serrure publicou unha boa cantidade de artigos, en revistas como os Annales de la Société archéologique de Bruxelles; o Annuaire de la Société française de numismatique; o Bulletin mensuel de numismatique et d'archéologie; a Gazette numismatique française ou as Mémoires de la Société d'agriculture de Valencienne, entre outras. Engádese a seguir unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:De Ceuleneer, A. (1920). Páxinas 250-151.

Dereito

(1867). "De la faculté de convertir la séparation de corps en divorce". En La Belgique Judiciaire. Ano 25. Nº 86. Bruxelas. Páxinas 1.361-1.368. (1868). "La traduction flamande du Code Pénal, par L. De Hondt". En La Belgique Judiciaire. Ano 26. Nº 86. Bruxelas. Páxinas 1.297-1.304.

Numismática A obra numismática de Serrure foi listada por Taymond Richebé en 1898.Richebé, R. (1898). Páxinas 311-317. (1851). "Restitution a Guillaume de Genep, archevèque de Cologne (1349-1363) d'un quart de florin d'or au tipe de Florence attribué par M. Lelewel a Guillaume d'Auxonne". En Revue belge de numismatique. 2ª serie. Tomo I. Páxinas 105-107. (1883). "Le droit de l'inventeur en matière de trèsor". En Bulletin mensuel de numismatique & d'archéologie. Tomo III. Páxina 103. (1885). Etudes sur la numismatique gauloise des Commentaires de César. Peeters. Lovaina. (1890). Sciences auxiliaires de l'histoire de Belgique: épigraphie, numismatique, sigillographie, etc. Rozez, Bruxelas.

(1896). Les monnaies des Voconces: essai d'attribution et de classement chronologique. SFN, París. Historia, literatura e outros temas

(1855). Geschiedenis der nederlandsche en fransche letterkunde in het graefschap vlaenderen. Duquesne, Ganmte. (1856). Notice sur Victor-Louis-Marie Gaillard. A. Braeckman, Gante. (1960). Histoire de la souveraineté de 's Heerenberg. M. Nijhoff, A Haia. (1860). Vaderlandsch Museum voor Nederduitsche Letterkunde, oudheid en geschiedenis. Gante. (1861). Jacob van Maerlant, bekroonde verhandeling in den letterkundigen wedstryd uitgeschreven door het Belgisch Staetsbestuer. Gante. (1862). Notice sur Engelbert II, comte de Nassau, lieutenant-général de Maximilien et de Philippe le Beau aux Pays-BAs. Busscher, Gante. (1872). Letterkundige Geschiedenis van Vlaanderen. Gante (1888). Essai de grammaire gauloise d'après les monuments épigraphiques. Lefever, Lovaina.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ambrosole, S. (1898). "Necrologia: Constante Antonio Serrure". En Rivista italiana di numismatica. Società numismatica italiana. Páxinas 447. De Ceuleneer, A. (1920). "Serrure (Constant-Antoine)". En Biographie nationale. Académie royale des ciences, des lettres et des beaux-arts de Belgique. Tomo XX. Páxinas 242-251. De Raadt, J. Th. (1899). "Constant-Antoine Serrure. 1835-1898". En Annuaire 1898. Société d'Archéologie de Bruxelles. Tomo 9. Páxinas 140-142 [publicado tamén como separata].

Richebé, R. (1898). "C.-A. Serrure. 1835-1898. Biographie et Bibliographie". En Gazette numismatique française. Ano 2. Páxinas 309-317.

Outros artigos

Constant-Philippe Serrure Raymond Serrure

Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Nados en Gante Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Xuristas de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade de Gante Categoría:Personalidades sen imaxes