Antonio Martínez Coello, nado en Ourense o 26 de abril de 1947, é un historiador e escritor galego residente no Carballiño.
Traxectoria
Investigador do pasado etnográfico e histórico galego e do norte de Portugal, comezou Historia na Universidade de Valladolid, que rematou na UNED coa licenciatura en Historia de España. Fixo o Doutoramento en Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, coa tese El Cister Femenino en el Noroeste peninsular, siglos XII-XV.
É Socio do Instituto Limiano (desde 1982), Confrade da Confraria dos Gastrónomos do Minho, Patrono da Geminação de Xinzo de Limia e Ponte de Lima e Mestre en Enoloxía polo Consello da Europa. Tamén é Socio Fundador do Centro de Estudos Chamoso Lamas do Carballiño.
Ten colaborado en Revista Limiana, Cistercium: Revista cisterciense, Nós, a Xente do Redor, Aurensia e Argentarium. Revista do Centro de Estudios Chamoso Lamas da comarca do Carballiño.
Obras
Poesía
Cánticos (1919). Editorial Círculo Rojo. 78 páxs. ISBN 978-84-1338-847-2. Cincuenta e cinco poemas nos que o amor é figura clave.
Ensaio
El Obispo de Orense D. Pedro de Quevedo y Quintano, Regente de España (1810): aspectos y contrastes; con "El manifiesto del Obispo de Orense a la nación española" en los apéndices (1987). Concello de Ourense. ISBN 84-398-9704-9. A nascente do Rio Lima (2009). Município de Ponte de Lima.
Libros colectivos
Aquae Flaviae (n.º 7) (1992). Chaves: «Alfonso II de Portugal. La afirmación del poder real (la plenitudo potestatis)». Actas, Congreso Internacional sobre San Bernardo e o Cister en Galicia e Portugal, 17-20 outubro 1991 (1992). Ourense, Oseira. ISBN 8485985427: «San Lourenzo de Ribela, Granja de Santa María de Oseira». Monasticón cisterciense gallego (2000). Cord. por Damián Yáñez Neira. ISBN 84-699-0778-6: «Montederramo», «Santa María de Moreira», «Castro de Rey». I Congresso sobre a Diocese do Porto, Vol. II (2002): «Don Hugo, bispo de Oporto en la Historia Compostelana».
Premios
1966: Primeiro Premio Minerva en lingua castelá en Santiago de Compostela, por unha triloxía sobre Federico García Lorca. 1981: Segundo Premio Cidade de Ourense.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1947 Categoría:Historiadores de Galicia