miniatura|O golfiño Tursiops truncatus (arroaz). Os mamíferos acuáticos e os semiacuáticos son un diverso grupo de mamíferos que viven parcial ou enteiramente nun corpo de auga. Entre eles están varios mamíferos mariños que habitan no océano, e diversas especies de auga doce, como a lontra. Non constitúen un taxon e non están unificados en ningún agrupamento biolóxico distintivo, que non sexa a súa dependencia ou relación integral cos ecosistemas acuáticos. O nivel de dependencia da vida acuática varía grandemente entre especies. Entre os taxons de auga doce, o manatí amazónico e os golfiños de río son completamente acuáticos e totalmente dependentes dos ecosistemas acuáticos. Entre os taxons semiacuáticos de auga doce está a foca do Baikal, que se alimenta baixo a auga mais descansa, muda e reprodúcese en terra.
A adaptación dos mamíferos a un estilo de vida acuático varía considerablemente entre especies. Os golfiños de río e manatís son totalmente acuáticos e, por tanto, están totalmente ligados unha vida na auga. As focas son semiacuáticas; pasan a maior parte da súa vida na auga, pero necesitan volver a terra para actividades tan importntes como o apareamento, a reprodución e a muda. En contraste, moitos outros mamíferos acuáticos, como os hipopótamos, as capibaras e os musgaños acuáticos, están moito menos adaptados á vida acuática e poden saír a terra para alimentarse. Igualmente, as súas dietas varían tamén considerablemente, desde dietas baseadas por plantas acuáticas e follas a pequenos peixes e crustáceos. Exercen importantes funcións no mantemento dos escosistemas acuáticos, como, por exemplo, os castores.
Os mamíferos acuáticos foron do interese da industria comercial, o que orixinou un forte declive en todas as poboacións das especies explotadas, como os castores. As súas peles, moi axeitadas para conservar a calor, eran cobizadas durante a época do comercio de peles para confeccionar abrigos e chapeus. Outros mamíferos acuáticos, como o rinoceronte indio, foron vítimas da caza deportiva e experimentaron unha diminución da poboación na década de 1900. Despois de que se fixo ilegal a súa caza, moitos mamíferos acuáticos seguiron sometidos ao furtivismo. Ademais de pola caza, os mamíferos acuáticos poden morrer como capturas accidentais (bycatch) nos caladoiros de pesca, onde quedan enguedellados nas redes de enmalle e afogan ou morren de fame. O aumento do tráfico de barcos polos ríos, moi especialmente no río Yangtze, causa colisións entre os buques e os mamíferos, como tamén ocorre nos océanos, e a construción de encoros en ríos poden deixar confinados os mamíferos acuáticos en áreas pouco axeitadas para eles ou destrúe os hábitats de río arriba. A industrialización dos ríos levou á extinción do golfiño de río chinés, cuxo último avistamento confirmouse en 2004.
Taxonomía e evolución
Grupos de auga doce Esta lista comprende soamente os mamíferos que viven en auga doce. Aínda que isto pode incluír tanto especies que viven en auga salgada coma as que son membros de familias esencialmente mariñas. Para ver unha lista de mamíferos que viven en auga salgada, ver mamíferos mariños. Orde Sirenia: sirenios Familia Trichechidae: manatís Trichechus inunguis do Amazonas Trichechus senegalensis de África Trichechus manatus do Caribe Orde Artiodactyla: ungulados de dedos pares Suborde Whippomorpha Familia Platanistidae Platanista gangetica, golfiño do Ganges Platanista minor, golfiño do Indo Familia Iniidae Inia geoffrensis, golfiño do Amazonas ou boto Inia araguaiaensis, golfiño do Araguay Famiia Lipotidae Lipotes vexillifer, golfiño de río chinés, probablemente extinto Familia Delphinidae Orcaella brevirostris, golfiño do Irawady Sotalia fluviatilis, tucuxí do Amazonas Sotalia guianensis, golfiño de Güiana Familia Phocoenidae Neophocaena asiaeorientalis, toniña do Yangtze Familia Hippopotamidae Hippopotamus amphibius, hipopótamo Choeropsis liberiensis, hipopótamo pigmeo Orde Perissodactyla: ungulados de dedos impares Subordo Ceratomorpha Familia Rhinocerotidae Rhinoceros unicornis, rinoceronte indio Orde Carnivora Familia Canidae Speothos venaticus de Suramérica Familia Mustelidae Subfamilia Lutrinae: lontras Lutra lutra, lontra europea Lutra sumatrana Hydrictis maculicollis Lutrogale perspicillata Lontra canadensis Lontra provocax Lontra longicaudis Lontra felina Pteronura brasiliensis Aonyx capensis Aonyx cinerea Subfamilia Mustelinae Mustela lutreola, visón europeo Neogale vison, visón americano Familia Phocidae Pusa sibirica, foca do Baikal Pusa hispida ladogensis, foca do Ladoga Pusa saimensis, foca do lago Saimaa Phoca vitulina mellonae, foca de Ungava Familia Otariidae Zalophus californianus, león mariño californiano Eumetopias jubatus Familia Viverridae Cynogale bennettii Genetta piscivora Familia Herpestidae: mangostas Atilax paludinosus Ordo Rodentia: roedores Subordo Hystricomorpha Hydrochoerus hydrochaeris, capibara Hydrochoerus isthmius Myocastor coypus, coipú Familia Castoridae: castores Castor canadensis, casor norteamericano Castor fiber, castor europeo Familia Cricetidae Subfamilia Arvicolinae Ondatra zibethicus Neofiber alleni Arvicola amphibius Arvicola sapidus Microtus richardsoni Subfamilia Sigmodontinae Amphinectomys savamis Anotomys leander Daptomys ferreirai Daptomys musseri Daptomys nunashae Daptomys oyapocki Daptomys peruviensis Daptomys venezuelae Chibchanomys trichotis Holochilus brasiliensis Holochilus chacarius Holochilus nanus Holochilus oxe Holochilus sciureus Ichthyomys hydrobates Ichthyomys orientalis Ichthyomys pinei Ichthyomys pittieri Ichthyomys stolzmanni Ichthyomys tweedii Incanomys mayopuma Icanomys parviauris Lundomys molitor Nectomys apicalis Nectomys grandis Nectomys palmipes Nectomys rattus Nectomys squamipes Neusticomys monticolus Neusticomys vossi Neusticomys orcesi Oryzomys albiventer Oryzomys couesi Oryzomys dimidiatus Oryzomys gorgasi Oryzomys palustris Pseudoryzomys simplex Rheomys mexicanus Rheomys raptor Rheomys thomasi Rheomys underwoodi Scapteromys aquaticus Scapteromys meridionalis Scapteromys tumidus Sigmodontomys alfari Familia Muridae Baiyankamys habbema Baiyankamys shawmayeri Crossomys moncktoni Hydromys chrysogaster Hydromys hussoni Hydromys neobritannicus Hydromys ziegleri Xeromys myoides Colomys goslingi Colomys eisentrauti Colomys wologizi Colomys lumumbai Nilopegamys plumbeus Familia Thryonomyidae Thryonomys swinderianus Orde Monotremata: monotremas Ornithorhynchus anatinus, ornitorrincos Orde Afrosoricida Familia Potamogalidae Potamogale velox Micropotamogale lamottei Micropotamogale ruwenzorii Familia Tenrecidae Microgale mergulus Orde Eulipotyphla Familia Soricidae: musarañas Chimarrogale hantu Chimarrogale himalayica Chimarrogale phaeura Chimarrogale platycephala Chimarrogale styani Chimarrogale sumatrana Nectogale elegans Neomys anomalus Neomys fodiens Neomys teres Sorex alaskanus Sorex palustris Sorex bendirii Familia Talpidae: toupas Condylura cristata Desmana moschata Galemys pyrenaicus Ordo Didelphimorphia: sarigüeias Familia Didelphidae Lutreolina crassicaudata Lutreolina massoia Chironectes minimus
Mesozoico Un dos primeiros protomamíferos coñecidos similar aos placentarios modernos, o mamaliaforme do Xurásico Castorocauda era acuático. Parece que estaba ben adaptado á auga de xeito parecido aos castores, con dentes diferentes en moitos aspectos aos de todos os outros docodontes, presumiblemente debido a diferenzas na dieta. A maioría dos docodontes tiñan dentes especializados para unha dieta omnívora. Os dentes de Castorocauda suxiren que o animal era un piscívoro, alimentándose de peixes e pequenos invertebrados. Os dous primeiros molares tiñan cúspides en liña recta, eliminando a función de trituración, o que indica que eran exclusivamente para agarrar e non para mastigar. Esta caracerística de tres cúspides en ringleira é similar á condición ancestral en mamíferos emparentados (como se ve en triconodontes), pero é case seguro un carácter derivado en Castorocauda. Estes primeiros molares estaban ademais curvados dunha maneira adaptada a agarrar presas escorregadizas unha vez atrapadas. Estes dentes son moi similares aos dentes vistos en mesonichios, un grupo extinto de ungulados carnívoros semiacuáticos, e lembran, en menor medida, os dentes das focas. miniatura|Ilustración de Castorocauda lutrasimilis, un mamífero semiacuático do Xurásico.
Outro docodonte, o Haldanodon do Xurásico tardío, suxeriuse que era un nadador ou escavador similar a un ornitorrinco ou aguaneira, estando ben adaptado a escavar e nadar e vivía nun ambiente de zona húmida.Thomas Martin, Postcranial anatomy of Haldanodon exspectatus (Mammalia, Docodonta) from the Late Jurassic (Kimmeridgian) of Portugal and its bearing for mammalian evolution, Forschungsinstitut Senckenberg, Senckenberganlage 25, 60325 Frankfurt am Main, Alemaña. Recibido en outubro de 2004; aceptado para publicación en marzo de 2005
Suxeriuse que os tritilodóntidos Kayentatherium son semiacuáticos. A dferenza de Castorocauda e Haldanodon, era un herbívoro, sendo probablemente de hábitos parecidos aos dun castor ou capibara.Anusuya Chinsamy-Turan, Forerunners of Mammals: Radiation • Histology • Biology, Indiana University Press, 18/11/2011
Outra liñaxe de mamíferos mesozoicos, os eutriconodontes, suxeriuse que era de animais acuáticos con resultados mixtos. Astroconodon era abundante en depósitos de auga doce de lagos e os seus molares eran orixinalmente interpretados como similares aos de mamíferos piscívoros como os cetáceos e pinnípedes; por extensión algúns investigadores consideraron a posibilidade de que todos os eutriconodontes eran piscívoros acuáticos.Bob H. Slaughter, Astroconodon, the Cretaceous Triconodont, Journal of Mammalogy, Vol. 50, No. 1 (febreiro de 1969), pp. 102–107 Porén, Zofia Kielan-Jaworowska e outros investigadores atoparon posteriormente que os molares triconodontes de eutriconodontes eran máis axeitados para unha ación de cizalla similar á da moa carniceira que para a función de perforación e agarre de molares de mamífero piscívoro, ocluíndo en vez de encaixarse, e que as aparicións de Astroconodon'''s acuáticos pode ser pouco importante cando a maioría dos tetrápodos terrestres fósiles atópanse en ambientes lacustres igualmente.Zofia Kielan-Jaworowska, Richard L. Cifelli, Zhe-Xi Luo (2004). "Chapter 7: Eutriconodontans". Mammals from the Age of Dinosaurs: origins, evolution, and structure. New York: Columbia University Press. pp. 216–248. .
Porén, outros dous eutriconodontes, Dyskritodon e Ichthyoconodon, aparecen en depósitos mariños con practicamente ningunha erosión dental, o que implica que morreran in situ e son, pois, mamíferos acuáticos. Non obstante, Ichthyoconodon pode non ser acuático, senón un mamífero reptante. Máis recentemente, Yanoconodon e Liaoconodon foron interpretados como semiacuáticos, porque tiñan corpos longos e patas como paletas.Meng Chen, Gregory Philip Wilson, A multivariate approach to infer locomotor modes in Mesozoic mammals, Article in Paleobiology 41(02) · febreiro de 2015
Suxeriuse que o metaterio estagodóntido Didelphodon era acuático debido aos molares e semellanzas esqueléticas coa lontra mariña.
Cenozoico Un xénero extinto, Satherium, crese que é ancestral ás londras de río suramericanas, e que migrou ao Novo Mundo durante o Plioceno ou inicios do Plistoceno. O continente suramericano alberga os xéneros de lontras Lontra e Pteronura: Pteronura brasiliensis, Lontra longicaudis, Lontra provocax e Lontra felina. A especie de Asia Lutrogale perspicillata pode ser o seu parente máis próximo; sinaláronse o seu similar comportamento, vocalizacións e morfoloxía do cranio.