Hijra (en ) é un filme saudita de 2025 escrito e dirixido por Shahad Ameen.
Foi escollido como candidato de Arabia Saudita para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Conta a historia de Sitti (Khayriya Nazmi), unha avoa saudita que viaxa de Taif á Meca para realizar o Hajj coas súas dúas netas, Janna (Lamar Faden) e Sarah. Cando Sarah, a máis vella, desaparece de súpeto, ela viaxa dende o sur de Arabia Saudita ata as fronteiras do norte na súa procura.
Personaxes Lamar Faden como Janna Khayriya Nazmi como Sitti Nawaf Al Dhufairi como Ahmed
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Arabia Saudita propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua urdú Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Arabia Saudita Categoría:Filmes de Iraq Categoría:Filmes de Exipto Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Arabia Saudita