Rubén Pintos Martínez, máis coñecido como Rubens Pintos Martínez, nado en Mos en 1962, é un escritor galego.
Traxectoria
Fillo de emigrantes, pasou a infancia en Vosgos (Lorena), volveu a Galicia e viviu tamén en Euskadi ata residir en Fornelos de Montes. A súa formación literaria é autodidacta. É membro do Movemento Cultural Nós, a Xente do Redor e colaborador na revista desde o número 2. Tamén e colaborador da Revista Mecenas.
Obras
Novela en castelán
El Niño De Los Colores (2014). 778 páxs. ISBN 9788494265235. En 2019 Ediciones Ruser, ISBN 9788412083859. Juegos, sexo y amor (2015). Chiado Editorial. 306 páxs. ISBN 9789895145232. O protagonista conta as súas aventuras erótico-amorosas. Un ramito de violetas (2018). Ediciones Ruser. ISBN 9788494911422. 334 páxs. Ficción erótica. Noche de perros (2019). Ediciones Ruser. 412 páxs. ISBN 978-84-121062-5-1. Unha noite con temporal atlántico na Galiza, unha "noche de perros"...
Libros colectivos
Antología de Poesía Española Contemporánea (Vol. 1 e 2). Chiado Editorial. ISBN 978-9895154982 Colectânea Caminho. X Colectânea internacional (2024). Andrómena senlleira. ISBN 978-8412768343. Por un mundo melhor. XI Colectânea Portuguesa / Galega / Internacional (2025). Andrómena senlleira. ISBN 979-13-990240-1-2.
Notas
Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá