Sviyazhsk (en ruso: Свия́жск; en tártaro: Зөя) é unha localidade rural (un selo ou vila) da República do Tatarstán (Rusia), situada na confluencia dos ríos Volga e Sviyaga. A miúdo descríbese como unha illa desde a construción, en 1955, do encoro de Kuibyshev augas abaixo, preto de Tolyatti, porén, na realidade está conectada a terra firme mediante un terraplén.
En 2017, a Catedral e Mosteiro da Asunción de Sviyazhsk incluíronse na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.Assumption Cathedral and Monastery of the town-island of Sviyazhsk
Sviyazhsk fundouse en 1551 como fortaleza, construíuse nun prazo de catro semanas a partir de pezas fabricadas en Uglich e transportadas polo río Volga. Converteuse nunha base militar do exército ruso durante o sitio de Kazán (1552).
Desde o século XVIII, Sviyazhsk serviu como centro administrativo dun uyezd. Entre 1920 e 1927 foi o centro do cantón de Sviyazhsk e, de 1927 a 1931, o centro administrativo do distrito de Sviyazhsk. En 1932, a localidade perdeu a súa categoría urbana e pasou a ser considerada rural.
Durante vinte anos, o NKVD xestionou unha prisión e un campo de internamento na vila. A mediados da década de 1990, os restos dalgúns dos prisioneiros falecidos ou executados soterráronse no recinto do Mosteiro da Dormición e erixiuse un monumento na súa memoria (que posteriormente foi moi mellorado).https://en.mapofmemory.org/16-09
En Sviyazhsk hai unha escola e un centro cultural, así como un mosteiro vinculado ao nome de Macario de Unzha.
A estación de ferrocarril de Sviyazhsk sitúase a 6 km ao oeste da illa e está conectada coa propia localidade mediante unha estrada que discorre sobre un terraplén elevado.
Outra forma de chegar é en barco desde o porto de Kazán. No verán, todos os días ás 08:30 sae unha embarcación rápida desde o peirao 8 e, ás 09:00, unha lenta. Os billetes pódense mercar alí mesmo, na billeteira.
Mosteiro e catedral
right|thumb|Mosteiro da Dormición de Sviyazhsk O Mosteiro da Dormición de Sviyazhsk (ruso Свияжский Успенский монастырь), é un mosteiro masculino ortodoxo ruso incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Aínda que se di que se atopa na illa-cidade de Sviyazhsk, na realidade existe un acceso por terra que o conecta co territorio principal. Construído en 1555, coincidindo coa creación da Diocese de Kazán, e converteuse no principal centro educativo e de difusión cultural da zona entre os séculos XVI e XVIII, no marco do programa do tsar ruso Iván o Terrible para colonizar a rexión do Volga. En particular, albergou unha das primeiras imprentas de Rusia, xunto coa Imprenta de Moscova. As pinturas murais deste mosteiro ortodoxo figuran entre as mellor conservadas de Rusia.
Poboación histórica 1989: 747 (rusos: 66%, tártaros: 27%) 2000: 258
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Rusia
Ligazóns externas UNESCO
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia