O Samsung Galaxy S23 é un teléfono intelixente Android de gama alta, desenvolvido, fabricado e comercializado por Samsung Electronics. Foi presentado o 1 de febreiro de 2023 e lanzado o 17 de febreiro dese ano con Android 13 e a capa de personalización One UI 5.1.

Características Presenta unha pantalla Dynamic AMOLED de 6,1 polgadas cunha frecuencia de actualización de 120 Hz e un sensor ultrasónico de pegadas dactilares na pantalla. Ten un procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 de oito núcleos para Galaxy e unha batería de 3900 mAh con carga rápida de 25 W e carga sen fíos de 15 W. O dispositivo ten unha clasificación IP68, o que o fai resistente ao po e á auga.

Tamén ten 8 GB de RAM e está dispoñible en dúas configuracións de almacenamento interno: 128 GB, 256 GB ou 512 GB. En canto ás cámaras traseiras, conta cunha cámara principal de 50 MP, unha lente ultra gran angular de 12 MP e un teleobxectivo de 10 MP con zoom óptico de 3x. A cámara frontal ten unha resolución de 10 MP.

Ten conectividade 5G, Wi-Fi 6E e Bluetooth 5.3.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Samsung Galaxy S23 Ultra Samsung Galaxy S23+

Categoría:Samsung Galaxy