O castelo de Schwerin (en alemán: Schloss Schwerin ou Schweriner Schloss) é un castelo situado nunha illa do lago Schwerin na cidade de Schwerin, capital de Mecklemburgo-Pomerania Occidental (Alemaña).

Forma parte do Conxunto residencial de Schwerin. No ano 2023 foi designado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Durante séculos foi o fogar dos duques e grandes duques de Mecklenburg e, máis tarde, de Mecklenburg-Schwerin.

Constitúe un dos exemplos máis destacados da arquitectura historicista alemá do século XIX. Serviu como sala de maternidade durante a segunda guerra mundial. Na actualidade, alberga a sede do Parlamento de Mecklemburgo-Pomerania Occidental.

Historia e arquitectura A orixe do castelo remóntase a unha fortificación eslava construída na illa arredor do s. X. Tras a conquista da zona por Henrique o León en 1160, a fortaleza foi reconstruída e acabou converténdose na residencia dos duques de Mecklemburgo. No s. XVI foi reformada en estilo renacentista.

O edificio actual foi construído principalmente entre 1845 e 1857, segundo proxectos nos que participaron Georg Adolf Demmler, Gottfried Semper, Friedrich August Stüler e Ernst Friedrich Zwirner. O seu deseño historicista está inspirado en parte nos castelos renacentistas franceses, especialmente no castelo de Chambord. Organízase arredor dun patio interior, cunha cúpula monumental e abundante decoración escultórica.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Museo de Schwerin:

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Alemaña Categoría:Wikipedia:Páxinas con mapas Categoría:Castelos de Alemaña