Affeksjonsverdi é un filme dramático noruegués de 2025 dirixido por Joachim Trier, quen o coescribiu con Eskil Vogt. Conta a historia das irmás Nora (Renate Reinsve) e Agnes (Inga Ibsdotter Lilleaas) na súa reunión co seu pai separado Gustav (Stellan Skarsgård), que se está preparando para facer o seu próximo filme coa actriz estadounidense Rachel (Elle Fanning).

Estreouse na sección oficial do Festival de Cannes de 2025 o 21 de maio, onde recibiu un amplo recoñecemento da crítica e gañou o Gran Premio. Estreouse nos cinemas de Noruega o 12 de setembro da man de Nordisk Film.

Na 98ª edición dos Óscar, recibiu nove candidaturas, incluíndo as de mellor filme, mellor dirección, mellor actriz (Reinsve), mellor actor secundario (Skarsgård) e dúas de mellor actriz secundaria (Fanning e Lilleaas), e converteuse no primeiro filme noruegués en gañar o premio ao mellor filme internacional.

Personaxes Renate Reinsve como Nora Borg Stellan Skarsgård como Gustav Borg Inga Ibsdotter Lilleaas como Agnes Borg Pettersen Elle Fanning como Rachel Kemp Anders Danielsen Lie como Jakob Jesper Christensen como Michael Lena Endre como Ingrid Berger Cory Michael Smith como Sam Catherine Cohen como Nicky Andreas Stoltenberg Granerud como Even Pettersen Øyvind Hesjedal Loven como Erik Lars Väringer como Peter Marianne Vassbotn Klasson como Sissel Borg

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Noruega propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Joachim Trier Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes de Arte France Cinéma Categoría:Filmes de Nordisk Film Categoría:Filmes sobre irmás