Itisha Giri, nada en Katmandú en 1983, é unha poeta nepalesa que escribe en inglés e editora asistente da revista de literatura La.Lit.

Traxectoria Itisha Giri creceu no Nepal, onde, na escola, descubriu a poesía e aprendeu. Deixou o Nepal aos 17 anos e o inglés converteuse finalmente no seu idioma preferido para a escrita. Proseguiu os seus estudos no Reino Unido. No entanto, ela con frecuencia presenta os seus poemas en nepalí e ten exoresado o seu desexo de traducir e publicar o libro de poemas que escribiu no idioma nacional do Nepal.

Escrita Itisha Giri comezou a escribir poesía con intencións de publicación a principios da década de 2010.

En 2013 foi convidada como poeta ao Festival de Poesía do Mediterráneo en Mallorca. En setembro e outubro de 2019, participou no VIII Taller Internacional de Tradución de Poesía "Con barqueira e remador" na illa de San Simón, en Vigo, e en 2021 foi convidada ao festival Poemas Di(n)versos na Coruña; ambos os eventos foron organizados por Yolanda Castaño.

En decembro de 2019 fixo parte do grupo de escritores do Nepal Literature Festival. En agosto de 2020 Itisha Giri participou no Festival Mediterranju tal-Letteratura ta' Malta, en La Valletta. Un ano despois, en outubro de 2021, foi unha das poetas convidadas do festival VIII Poemagosto en Allariz, Galicia, e leu algúns dos seus poemas en nepalés, tal como ten feito noutras ocasións. En febreiro de 2022 acudiu ao 5º Festival Internacional Febrero Poético (FIFP) Oriente - Occidente, organizado pola Casa Árabe en Madrid

É editora da antoloxía de poesía These Fine Lines: Poems of Restraint and Abandon, publicada por SAFU.

O seu poemario de 2022, An Archive, examina as problemáticas e experiencias das mulleres en Nepal. Although published in English, she has expressed support for a partial or full translation of the work into Nepali. Her poems has been translated (and published) into Spanish, Galician, Catalan, Maltese, and Esperanto.

As súas obras teñen sido publicasdas en revistas literarias como The Aerogram, La.Lit, Of Nepalese Clay, Beletra Almanako e en The House of Snow: An Anthology of the Greatest Writing About Nepal, publicada en Gran Bretaña por Head of Zeus.

Actualmente traballa como editora asistente de poesía para La.Lit, unha revista literaria internacional publicada en Katmandú. Tamén dirixe obradoiros de poesía.

Podcasts Giri é copresentadora do podcast feminista Boju Bajai, que fundou en 2016 xunto con Bhrikuti Rai.

Obras

Poesía

An Archive. Lalitpur: Safu (2022)

Obras colectivas

The House of Snow: An Anthology of the Greatest Writing About Nepal. Head of Zeus.

Antoloxía (como editora)

These Fine Lines: Poems of Restraint and Abandon. Lalitpur: Safu (2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Itisha Giri lendo When I have a daughter Giri no festival Poemas Di(n)versos da Coruña Itisha Giri no 5º Festival Internacional Febrero Poético (FIFP) Oriente - Occidente en Madrid Itisha Giri le en nepalés no VIII festival Poemagosto en Allariz Conversación entre Itisha Giri e Jamil Jan Kochai no Nepal Literature Festiva Episodio de podcast con Itisha Giri e Ujjwala Maharjan

Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Katmandú