O río Belize é un corpo de auga que transcorre 290 quilómetros a través do centro de Belize. Drena máis dunha cuarta parte da auga do país serpenteando por todo o bordo norte dos Montes Maia até o mar xusto ao norte da Cidade de Belize. O Val do Río Belize é na meirande parte selva tropical.

Coñecido tamén como o Río Vello, o río Belize comeza no punto onde coinciden o río Mopan e o río Macal, xusto ao leste de San Ignacio, Belize. O 45 por cento da poboación de Belize reside na conca entre o río Belize e o río Mopan. O río Belize, a pesar de 78 carreiras ou rápidos, é transitable a través do Mopan cara a fronteira con Guatemala. Serviu como arteria principal do comercio e a comunicación entre o interior e a costa ata mediados do século XX, e durante moito tempo asociouse coa silvicultura, a madeira de tronco (para tinguir) e a caoba que sobrevive en pequenas bancadas.

Os madeireiros que usaban o río atopáronse cos maias. Tiveron conflitos con eles e tamén cos españois. En 1807 solicitaronse "armas e municións" para os madeireiros. A finais da década de 1820, o ministro metodista Thomas Wilkinson atopou entre tres e catro mil homes que traballaban campamentos a maior parte do ano.A finais do século XIX había máis de 130 asentamentos pequenos preto do río. Burrell Boom, xusto por riba da Cidade de Belize serviu como punto de recollida para troncos.

A día de hoxe, o río Belize é unha fonte vital de auga potable e outros usos domésticos para as poboacións localizadas ao longo das proximidades do río; con todo, a calidade da auga vese degradada polos sedimentos, a carga de nutrientes, os pesticidas e outras toxinas. A fonte principal destes problemas é a extensa deforestación nos tramos superiores do río Mopan e as prácticas de agricultura non sostibles. Karper e Boles afirmaron: "A conca maior do Río Mopan/Belize proporciona un exemplo excelente dunha conca baixo a tensión das prácticas agrícolas non sostibles que se produciron de forma extensa na rexión durante as últimas tres décadas" As prácticas agrícolas tradicionais de talla e queima tamén contribúen á degradación das concas hidrográficas.

Notas

Categoría:Ríos de Belize